A sede electrónica do Concello Lugo permitirá, dende mañá, a tramitación directa e específica de 9 procedementos urbanísticos

Entre outros, poranse a disposición anexos para solicitar licenzas urbanísticas, de primeira ocupación, comunicacións previas para obras e actividade e para intervencións en redes de servizos municipais.

A medida súmase ás xa implementadas para “incrementar a fluidez entre Administración e administrado, racionalizar a xestión burocrática e axilizar os tempos de resolución”, afirmou Lara Méndez.

A alcaldesa deu conta alén de que, por outra banda, o portal municipal contará, así mesmo, cun espazo específico de consulta pública dos criterios unificados polo Servizo sobre interpretación da normativa urbanística.

“Será unha sorte de preguntas frecuentes que, aínda que sen carácter vinculante, achegará información aos promotores para que poidan fundamentar correctamente as súas solicitudes”, sinalou a rexedora.

Domingo, 19 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A sede electrónica do Concello Lugo permitirá, dende mañá, a tramitación directa e específica de 9 procedementos urbanísticos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe que, dende mañá, día 20 de decembro a sede electrónica do Concello de Lugo permitirá ás e aos particulares e promotores cursar, directamente, coa área de Urbanismo a tramitación de nove procedementos que se xestionan dende este Servizo Municipal.

Así, as persoas interesadas en tramitar licenzas urbanísticas (nas diferentes modalidades), de primeira ocupación, comunicacións previas de obras para actividade, comunicacións de inicio e de modificación de actividade, e autorizacións de intervención en redes de servizos municipais poderán crear unha entrada directa en Urbanismo, sen necesidade de pasar pola sede xenérica.

Isto posibilita sintetizar tres pasos nun – abondou a rexedora – xa que non será preciso ter que acceder ao Rexistro Xeral para que realice unha asignación inicialdo documento senón que a súa delegación ao técnico competente será inmediata. O que dito doutro xeito, permiteunha simplificación de cada un destes procesos, xa dende o inicio do seu percorrido, co fin de incrementar a fluidez e de racionalizar a súa xestión administrativa”.

Méndez engadiu que , “ademais de constituírse como o marco normativo de referencia para Administración e administrados en materia urbanística, a Ordenanza que estamos a elaborar – e que xa se atopa nunha fase moi avanzada - así como o resto das decisións adoptadas para mellorar o funcionamento da área, perseguen fomentar e impulsar a participación cidadá, minorando a burocracia e alcanzando unha comunicación máis directa, concreta e dilixente cos colectivos profesionais, os promotores das actuacións e coa veciñanza en xeral”.

Neste senso, a rexedora anunciou que, pola súa banda, o portal web municipal contará, así mesmo, cun espazo específico de consulta pública dos criterios unificados polo Servizo sobre interpretación da normativa en vigor, “tan complexa que, ás veces, non resulta doado para a/o interesado ter a certeza de que está facendo unha lectura da mesma correcta e coincidente co parecer técnico da Administración”.

Pola súa banda, a tenente de alcaldesa e concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, abondou que “esta sección será unha sorte de preguntas frecuentes que, aínda que sen carácter vinculante, achegará información para que a cidadanía poida fundamentar correctamente as súas solicitudes. Nela terán cabida aquelas consultas que se realicen vía telefónica e que poidan resultar de aplicación noutros supostos similares e para xeral coñecemento”.

Así, como exemplo dos contidos que se difundirán neste soporte figuran as consideracións para a modificación de fachadas segundo o grado de protección en núcleos rurais, a implantación de elementos de eficiencia enerxética en determinado tipo de inmobles, a extensión do previsto no artigo 139 do Plan Xeral para os inmobles catalogados – no referido á instalación de placas de sinalización – ao resto de edificacións, ou as esixencias para autorizacións en chan rústico de especial protección da documentación prevista no artigo 56 que recolle a Lei de Solo.

Alvarellos Fondo puxo tamén en valor a eficacia e o calado dos cambios que se están a propiciar sobre as dinámicas internas do persoal municipal, en tanto e “logo da tan necesaria dotación de efectivos que na propia OPE do 2021 se prevé incluso incrementar, favorecena realizacióndun traballo moito máis transversal, complementario e colaborativo apoiado, á súa vez, na imprescindible modernización dixital da Institución que neste mandato recibiu un gran impulso”, concluíu a edil.

Noticias relacionadas