Unha xornada organizada por Concello e USC analiza mañá no Vello Cárcere as diferenzas entre a cultura funeraria de Galicia e México

Profesores da universidade compostelana e da mexicana de Anáhuac explicarán os ritos e tradicións existentes en ambos lugares durante unha actividade que incluirá unha representación plástica de estruturas funerarias

Terá lugar ás 19:00 horas, no patio do Vello Cárcere

Martes, 18 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, en colaboración coa Universidade de Santiago, organizou para mañá, a partir das 19:00 horas, no patio do Vello Cárcere, unha xornada sobre a cultura funeraria de México e as súas diferencias coa de Galicia. Elena Freire Paz, entre outros profesores da USC, e Daviel Reyes, da universidade mexicana de Anáhuac, explicarán os ritos e tradicións existentes en Galicia e México, intervencións que se verán apoiadas cunha representación plástica de estruturas funerarias de ambos lugares.

Esta iniciativa dá continuidade á conferencia do profesor Daviel Reyes sobre O Culto á Santa Morte. Breve análise do culto á Santa Morte ou ao culto ao único seguro, organizada por Concello e USC o pasado 5 de abril no marco do protocolo de colaboración entre ambas entidades.

Noticias relacionadas