A área de Medio Ambiente acondiciona o Parque dos Paxariños

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisou os traballos para comprobar o estado no que quedou esta zona verde de Fontiñas.

Mércores, 16 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente acondiciona o Parque dos Paxariños

O tenente de alcaldesa e responsable da Área de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou o inicio do acondicionamento do parque de Paxariños, que se suma ao xa realizado no Parque Marcos Cela e que proximamente continuará polas zonas verdes dos polígonos industriais do Ceao e As Gándaras.

O Concello destina 17.000 euros a estes traballos, que consisten, fundamentalmente, na sega da herba e a roza da maleza.

Os labores súmanse aos que xa se están a realizar na cidade, dentro da planificación da Concellería de Medio Ambiente, tanto por parte dos operarios municipais como das empresas que se encargan do mantemento dos espazos axardinados da capital.

Miguel Fernández indicou que “estas semanas estamos a avanzar na limpeza dos barrios, chegando a distintas zonas cun amplo dispositivo que xa nos permitiu intervir nas rúas Rei Chiquito, Flor de Lis, Flor de Lirio, o barrio de San Fiz, a Volta da Viña, Paradai e a Avenida de Madrid”.

A maiores, as dúas brigadas do Concello actúan paralelamente retirando as herbas das beirarrúas ou a publicidade que se aloxa no mobiliario urbano en prol do seu aseo.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o Parque dos Paxariños | Descargar mp3
 

Multimedia

  • A área de Medio Ambiente acondiciona o Parque dos Paxariños

Noticias relacionadas