Paula Alvarellos destaca o gran valor documental da obra de Campo Vidal como testemuña do proceso de despoboación

O xornalista agasallou á rexedora cun exemplar do seu libro La España despoblada, no que profundiza sobre os movementos migratorios que baleiraron o espazo rural.

A alcaldesa recibiu na Casa Consistorial ao xornalista do que destacou o seu papel como comunicador, documentalista, investigador e sociólogo ao longo da súa dilatada carreira.

Luns, 22 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos destaca o gran valor documental da obra de Campo Vidal como testemuña do proceso de despoboación

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta mañá na Casa Consistorial ao xornalista Manuel Campo Vidal. A rexedora e o histórico escritor e sociólogo mantiveron un breve encontro, de aproximadamente media hora, no que se centraron nas problemáticas asociadas ao proceso de despoboamento que experimentan as zonas interiores e rurais do país.  Alvarellos reivindicou a necesidade de implementar políticas a nivel europeo, nacional e autonómico que contribúan a frear a hemorraxia poboacional. Así mesmo, a rexedora compartiu as estratexias postas en marcha polo Executivo a nivel local para fixar poboación e dinamizar a nosa economía, como Lugo Transforma.

Durante o encontro, Campo Vidal agasallou a Alvarellos cun exemplar do seu libro La España despoblada, no que profundiza sobre os movementos migratorios que baleiraron o espazo rural ao longo dos últimos dous séculos. A rexedora agradeceu a contribución única de Campo Vidal ao dereito á información ao longo da súa dilatada carreira e destacou o seu papel como comunicador, documentalista, investigador e sociólogo. “É necesario destacar o gran valor documental da obra de Campo Vidal como testemuña deste proceso de despoboación. Os seus traballos sobre este tema constitúen unha  ferramenta de gran utilidade en distintos eidos,  xa que axuda a entender as múltiples orixes do problema e esboza o camiño para acadar unha solución”, rematou.

Noticias relacionadas