A área de Medio Ambiente activa esta tarde un dispositivo especial de limpeza no CEIP A Ponte para posibilitar á volta ás aulas canto antes

O operativo de reforzo, integrado por 6 persoas co seu respectivo equipamento, tratará de que o centro quede perfectamente aseado e listo para a actividade presencial nas próximas horas.

Xoves, 19 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente activa esta tarde un dispositivo especial de limpeza no CEIP A Ponte para posibilitar á volta ás aulas canto antes

A concellería de Medio Ambiente informa de que, tras mellorar a situación meteorolóxica e diminuír o caudal do río ao seu paso polo termo municipal de Lugo, a empresa concesionaria do servizo de limpeza de edificios municipais levará a cabo esta tarde un dispositivo especial para mellorar o estado do CEIP A Ponte que resultou afectado pola crecida do Miño.

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, deu conta de que “nas próximas horas un operativo de reforzo, composto por seis persoas a maiores da quenda habitual, cos equipos técnicos necesarios, intensificará as tarefas de aseo e limpeza deste centro educativo para tratar de que o colexio quede en condicións adecuadas de restablecer as clases presenciais na xornada de mañá, sempre e cando o resto das condicións do inmoble como a instalación eléctrica, a calefacción, etc, así o permitan”.

Fernández destacou o traballo realizado polo persoal dos diferentes servizos municipais que estes días atenderon as incidencias relacionadas co temporal e agradeceu a súa implicación e esforzo para atallar con eficacia e celeridade as consecuencias que derivaron do mesmo.

Multimedia

  • A área de Medio Ambiente activa esta tarde un dispositivo especial de limpeza no CEIP A Ponte para posibilitar á volta ás aulas canto antes

Noticias relacionadas