A área de Medio Ambiente instala 11 novas cabinas sanitarias en distintos puntos da capital

Duplícanse así as dotacións existentes na cidade co ánimo de mellorar as prestacións a disposición, especialmente, daquelas persoas que se ven na obriga de manter a súa actividade laboral durante o confinamento

Unha unidade móbil desinfectará, dúas veces ao día, os aseos para garantir a súa hixiene e limpeza tanto interior como exteriormente

Xoves, 26 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente instala 11 novas cabinas sanitarias en distintos puntos da capital

A área de Medio Ambiente instalou once novas cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade, sete delas, todas as que se atopaban dispoñibles no mercado, adaptadas a persoas con mobilidade reducida.

“Trátase de colaborar tanto coas e cos traballadores que se ven na obriga de manter a súa actividade a pé de rúa, como poden ser os efectivos dos corpos e forzas de seguridade, os operarios da limpeza urbana, repartidores de paquetería, taxistas, etc…, como tamén para ofrecer un servizo a toda a cidadanía que, polas excepcións permitidas, teñen que saír dos seus domicilios”, indicou Álvaro Santos.

As instalacións adquiridas agora súmanse, así, á decena de aseos que o Concello mantiña habilitados, con carácter continuado, noutros puntos da capital, ademais do autolimpable ubicado no Parque Rosalía de Castro e cos que se pretende dar cobertura ao maior número de zonas posible.

O concelleiro sinalou tamén que “estas 11 cabinas permanecerán dispoñibles, alomenos, até o 30 de abril deste ano e serán aseadas e desinfectadas, tanto interior como exteriormente, dúas veces ao día cunha unidade móbil que fará unha limpeza con vapor, chorro a presión e reposición de tódolos materiais que contén como auga, xabón, papel hixiénico e mesmo ambientador”.

Santos Ramos fixo tamén un chamamento á veciñanza para o uso responsable destas dotacións, “xa que, mantelas en bo estado será a mellor colaboración posible con aquelas persoas que precisan deste servizo cando, cada día, tentan axudarnos a superar esta situación de crise sanitaria. Cando as empreguemos debemos lembrar que temos que deixala como nos gustaría atopala a nós”, concluíu o responsable de Medio Ambiente.

A continuación achégase unha relación coa situación das cabinas, tanto as fixas, como as que se veñen de incorporar.

BAÑO PÚBLICO AUTOLIMPABLE PARQUE ROSALÍA DE CASTRO (Fixo)

CABINAS SANITARIAS SERVIZOS ESENCIAIS (Nova instalación)

 

MOVILIDADE REDUCIDA

GARABOLOS (AVDA. CORUÑA/ANGELO COLOCCI)

SI

PRAZA DO REI

SI

PRAZA DO FERROL         

SI

PRAZA MAIOR                 

SI

PRAZA HORTA DO SEMINARIO

SI

PRAZA AUGAS FÉRREAS

SI

C. CONVIVENCIA FINGOI

SI

PRAZA DA MILAGROSA

NON

PRAZA DO CASTIÑEIRO

NON

RONDA FONTIÑAS (ASCENSOR)

NON

OTERO PEDRAYO

NON

CABINAS PARQUES E XARDÍNS (Fixas)

 

MOVILIDADE REDUCIDA

Fonte dos ranchos

SI

Parque de Marcos Cela

SI

Parque de Frigsa

SI

Montirón (local social)

SI

PARQUE DO Miño (pasarela)

SI

PARQUE DO Miño (PONTE ROMANA)

SI

PARQUE DO Miño (restaurante O Muiño)

NON

PARQUE DO Miño (PONTE ROMANA)

NON

Carballeira (fábrica da luz)

NON

Parque dO Sagrado Corazón

NON

 

Audio

  • O edil Álvaro Santos, sobre as 11 novas cabinas sanitarias| Descargar mp3

Noticias relacionadas