Avanza o plan de roza do Concello, que xa levou a cabo na metade das parroquias

O Goberno destina 98.000 euros a este plan de roza das vías, que arrincou no pasado mes de xullo

Martes, 28 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Avanza o plan de roza do Concello, que xa levou a cabo na metade das parroquias

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, informou este mércores da evolución do plan de roza que o Concello está levando a cabo en toda a rede viaria das 54 parroquias do rural, e do que se ocupa tanto a brigada municipal de obras como unha empresa contratada.

Tal e como explicou Fernández, a entidade local xa actuou en Tirimol, Calde, Soñar, Pías, Coeses, Monte de Meda, Torible, Meilán, Piugos, Prógalo, Saa, Recimil, Castro (Conturiz), Bóveda, Camoira, Gondar, Santa María de Muxa, Ombreiro, Lamas, Adai, Bocamaos, O Burgo, San Román e Santa Comba. Actualmente estanse a executar os traballos nas parroquias de San  Salvador de Muxa e en Poutomillos, e nos próximos días achegaranse a San Mamede dos Anxos, Coeo, Bascuas, Bacurín e Santa María Alta.

O Goberno destina 98.000 euros a este plan de roza das vías co que "buscamos mellorar tanto as comunicacións como a seguridade viaria e a comodidade dos conductores, ademais de previr incendios, o que en definitiva é mellorar a calidade de vida da veciñanza que vive no rural". Estas tarefas arrincaron no pasado mes de xullo.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o plan de roza do Concello | Descargar mp3

Noticias relacionadas