Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 01 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control normas COVID

Durante a fin de semana do 30/31 de xaneiro, efectivos da Policía Local de Lugo estableceron diferentes dispositivos para o control do cumprimento das normas da Xunta de Galicia, para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, utilizando para iso tanto vehículos policiais rotulados como camuflados, levantándose 17 actas de denuncia polas seguintes infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 9 actas de denuncia por incumprimento das condicións dispostas para a permanencia de grupos de persoas, ao detectar non conviventes. Propóñense sancións de 500 euros.
  • 4 actas de denuncia por non facer uso da máscara de protección. Proponse sancións de 100 euros.
  • 3 actas de denuncia por fumar en espazos públicos sen manter a distancia de seguridade interpersoal. Propóñense multas de 500 euros.
  • 1 acta de denuncia por entrar no termo municipal de Lugo sen causa xustificada.

Identificación de mozo presunto autor de danos nun edificio

O 30 de xaneiro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo lograron a identificación dun mozo de 20 anos, como presunto autor de danos causados no interior dun edificio da rúa Rei Don García, ao baleirar un extintor nas zonas comúns do inmoble, o que provocou o deslucimiento das paredes dos espazos comúns e do ascensor, onde se observan envoltorios de packs de bebidas alcohólicas.

Segundo foi pescudado esta persoa, despois de estar de celebración nunha vivenda do edificio, en estado de embriaguez, baleirou un extintor do inmoble para, segundo unha testemuña “facer a graza”, ocasionando os danos que se citan.  Os axentes localizan a vivenda e observan no chan do recibidor manchas brancas e azuladas que desprende un extintor ao ser accionado. Unha vez que a comunidade de veciños presente denuncia cursarase ao Xulgado o correspondente parte de intervención policial.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas