Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 25 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Seguridade cidadá

Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha rúa da zona norte da cidade, xa que ao parecer un home estaba a golpear cun mazo un bolardo.

Os axentes preséntanse de inmediato observando que un bolardo estaba totalmente torcido con golpes recentes e a base de cemento rota e outro bolardo que xa desaparecera, sendo identificado un home que manifestou ser autor destes feitos, alegando que golpeara cunha marra o bolardo coa intención de rompelo e sacalo de alí, xa que lle dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade, engadindo que o outro bolardo achábase no interior da súa leira, levantando acta dos danos ocasionados para a súa remisión á Autoridade competente.

No transcurso desta intervención obsérvase que dun local próximo saen dous mozos, que proceden a increpar aos axentes, motivo polo cal se procede á súa identificación, negándose reiteradamente, polo que son informados que en caso de persistir na negativa serían conducidos a dependencias policiais para a súa completa identificación, momento no que se identifican, levantándose acta de denuncia por dúas infraccións á Lei de Seguridade Cidadá, por faltar ao respecto a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións e por negativa a identificarse, esta última de carácter GRAVE, que leva aparellada sanción de até 30.000 euros.

Auxilio á cidadanía

Na madrugada do día 25 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da zona norte da cidade, onde unha persoa caera e non podía incorporarse, sendo auxiliada polos axentes que a incorporan deitándoa na cama, rexeitando asistencia médica e quedando ao cargo dun familiar.

Noticias relacionadas