O Executivo local impulsa un acordo plenario para manifestar o respaldo do Concello ao labor que realiza a UNRWA coa poboación refuxiada de Palestina

“Tras cinco meses de conflito, a situación en Gaza é cada vez máis extrema e esta axencia da ONU é o principal escudo humanitario contra as vítimas”, apuntou a voceira.

“Consideramos importante que desde esta Administración local se resplade institucionalmente este labor para garantír que a axuda chege ás persoas damnificadas”, concluíu.

Domingo, 21 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo local impulsa un acordo plenario para manifestar o respaldo do Concello ao labor que realiza a UNRWA coa poboación refuxiada de Palestina

A área socialista do Goberno local defenderá no pleno ordinario deste mes unha proposición que ten por obxectivo que o Concello de Lugo, como institución, manifeste o seu respaldo ao imprescindible labor que realiza a UNRWA coa poboación refuxiada de Palestina, tanto en Gaza e Cisxordania, como nos campos de refuxiados e refuxiadas existentes na rexión, que acollen á esta poboación. “A Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA), é unha organización das Nacións Unidas que proporciona e atende na actualidade ao desenvolvemento, a educación, a saúde, os servizos sociais e a axuda de emerxencia de máis de 5.9 millóns de refuxiados e refuxiadas palestinos, que viven en Xordania, Líbano, Siria, Cisxordania e a Franxa de Gaza, en 59 campamentos de refuxiados. Continúa sendo a principal organización en acometer este compromiso”, explicou a voceira municipal, Ana González Abelleira.

 O texto presentado polo grupo de goberno insta ademais á comunidade internacional a respectar os compromisos políticos e económicos adquiridos coa UNRWA, e, ante os incumprimentos por parte algúns dos seus membros, exhortar á comunidade para incrementar os fondos destinados para que a organización poida continuar co seu labor. “Tras cinco meses de conflito, a situación en Gaza é cada vez máis extrema, con máis de 32.000 palestinos mortos, case 200 persoas cada día. Delas 90 de media son nenos e nenas; segundo denuncia o comisionado xeral desta organización, os máis de 12.000 nenos e nenas asasinados no últimos catro meses en Palestina son máis que os que causaron todos os conflitos e guerras globais no últimos catro anos. Esta axencia da ONU é o principal escudo humano contra as vítimas do conflicto”, apuntou a voceira.

Así mesmo, a proposición busca unha maior implicación da Xunta de Galicia na colaboración con este organismo. “O conflito causou máis de 73.000 feridos, os 70% nenos, nenas e mulleres; así como máis de 9.000 desaparecidos. A poboación palestina en Gaza necesita unha resposta urxente ante a grave fame negra que sofre. Ao redor do 80% da poboación con máis fame do mundo vive actualmente na Franxa de Gaza, onde o 16% dos menores de dous anos sofre desnutrición aguda”, proeseguiu a edila.

“Neste tempo morreron tamén máis de 150 traballadores da ONU, máis que en ningún outro conflito asistido por Nacións Unidas desde a súa fundación. Igualmente, nestes cinco meses de contenda, foron tamén asasinados case un centenar de xornalistas. É unha situación que se encamiña á destrución total da zona. Por iso consideramos importante que desde esta Administración local se resplade institucionalmente o labor desta axencia como garantía de que a axuda humanitaria chege ás persoas damnificadas”, concluíu.

Audio

  • A edil, Ana Abelleira, sobre a proposición de Palestina | Descargar mp3

Noticias relacionadas