Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Incumprimentos medidas prevención COVID-19

Martes, 01 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Durante o día 31 de agosto os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio observaron oito incumprimentos das medidas preventivas con motivo do Covid-19, por non facer uso da máscara obrigatoria. As actas - denuncia foron confeccionadas por infraccións detectadas na rúa Milagrosa, Bispo Aguirre, Otero Pedrayo, Mar Cantábrico, Avenida da Coruña con Perpetuo Socorro, Avenida Coruña con Reverendo Xosé Fernández Núñez, Lamas de Prado e Avenida Coruña con rúa Menorca.

Nunha das intervencións tratábase dun viandante que, tras ser apercibido polos axentes, inicialmente negábase a facer uso da máscara, aínda que finalmente accedeu a poñerlla. Noutro caso, outro viandante camiñaba sen ela, sacándoa dun peto e poñéndoa de inmediato cando detectou a presenza policial. Nun terceiro caso, unha muller dixo esquecela en casa, a pesar de que se dirixía a un establecemento público para comprar tabaco.

Por último, outra acta foi confeccionada durante unha actuación en materia de tráfico e seguridade viaria, na rúa Otero Pedrayo, onde un camión formigoneira achábase estacionado sobre a beirarrúa, impedindo o paso peonil, achándose o seu condutor na beirarrúa e sen facer uso da máscara. Nesta intervención tamén se dá conta á autoridade competente pola ocupación da vía pública sen autorización municipal e por impedir o paso de peóns sen adoptar as medidas de seguridade adecuadas, xa que a situación prolongábase no tempo, ao estar a trasladar formigón a un baixo anexo no que se realizaban obras.

Os axentes tamén se viron obrigados a intervir nunha disputa privada na Porta de San Pedro, onde dous viandantes atopábanse discutindo xa que un deles chamáballe a atención ao outro por non facer uso da máscara obrigatoria. Cando chegaron os axentes puideron comprobar que o peón que non facía uso da máscara portaba un informe médico que lle eximía do devandito uso.

Noticias relacionadas