Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 02 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control normas COVID-19

Na tarde do día 31 de outubro/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detectaron, no vial de acceso desde unha residencia de maiores á Avenida Infante Elena, un grupo de catro novos que estaban a facer “botellón”, sendo identificados, comprobando que non eran conviventes, polo que se levantaron actas de denuncia por infracción ao Decreto de Presidencia da Xunta do 30 de outubro, que limita os grupos a persoas conviventes e por infracción á normativa da Consellería de Sanidade que prohíbe a celebración do “botellón”.

Así mesmo durante esta fin de semana levantáronse actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia polas seguintes condutas:

  • Denunciáronse dúas persoas por acharse en espazo público sen utilizar a máscara de protección obrigatoria, en compañía doutras persoas sen ser conviventes
  • Denunciáronse a outras dúas persoas por fumar nun espazo de uso público sen gardar a distancia de seguridade co resto de persoas

Establecementos públicos

A noite do día 31 de outubro/20 realizouse unha inspección a un establecemento de lecer nocturno da rúa Tui, levantando acta de denuncia por facer uso dun equipo de reprodutor musical, incumprindo o Decreto do 2 de outubro da Concellería de Urbanismo do  Concello de Lugo, polo cal se permite a este tipo de locais desenvolver a actividade de contido puramente hostaleiro, impedíndose o desenvolvemento doutras actividades e a prohibición da utilización de equipos de reprodución de música e o uso de pistas de baile ou similares.

Filtros de seguridade

 Nos diferentes  filtros de seguridade establecidos durante a fin de semana para o control das medidas impostas de limitación de entrada e saída do municipio de Lugo e de circulación entre as 23,00 e as 6,00 horas, entre outras, detectouse un condutor nunha das vías da zona sur da cidade, que foi sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/ l, o que supón unha sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Axuda humanitaria

Sobre as 11,00 horas do día 30 de outubro/20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo foi comisionada pola Sala do 092 para que se trasladase a unha vivenda da  rúa Valle Inclán xa que unha persoa caeuse ao chan e non podía levantarse.

A patrulla observa no chan do dormitorio a unha muller de idade, en presenza dun familiar que non podía levantala, polo que os axentes incorpórana e trasládana á cama, rexeitando asistencia médica, quedando ao coidado da súa familia.

Ruídos en interior de vivenda

Ás 2,45 horas do día 1 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da Calle Guardias xa que segundo denuncian os veciños, nunha vivenda está a celebrarse unha festa que impide o descanso.

Os axentes comproban que se escoita música desde a rúa, identificando ao responsable, o cal manifesta que estaban cunha celebración de ámbito familiar, con catro persoas conviventes, requiríndolle para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantando acta por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas