Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 06 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtro seguridade viaria con denuncia de tráfico e de seguridade cidadá

 Ás 12’20 horas do día 5 de agosto, durante un dos  filtros de seguridade viaria realizados, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio proceden a deter a marcha dun vehículo cuxo condutor non fai uso do cinto de seguridade obrigatorio, motivo polo cal se confecciona o correspondente boletín de denuncia, que leva aparellada unha sanción económica de 200 euros e a detracción de 3 puntos do permiso de conducir.

Durante a intervención, o citado condutor tentou que se producise unha alteración da orde pública, alentando aos viandantes contra os axentes policiais mediante berros e frases insultantes, motivo polo cal tamén foi denunciado por unha infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

 Incendio

 Ás 12’25 horas do día 5, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasladouse á Estrada de  Fonsagrada, nas inmediacións do Poboado de  Nazaret, xa que se recibiu un aviso de incendio no lugar. Unha vez alí, puideron comprobar a veracidade do aviso, motivo polo cal foi necesaria a intervención do Servizo de Extinción de Incendios Municipal, en colaboración co da Xunta de Galicia, que lograron controlar as chamas e deixar a zona asegurada, resultado queimados uns sete mil metros cadrados de maleza e monte raso.

Durante a intervención dos servizos de extinción foi necesario asegurar a circulación de vehículos e peóns na zona, xa que as chamas chegaron a afectar a parte da cuneta.

 Auxilio a persoa  desvalida en vía pública

 Ás 17’45 horas do día 5 recibiuse unha chamada telefónica na Sala do 092 alertando da presenza dunha persoa desorientada na rúa San Roque. Acudida de inmediato no lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, os policías contactan coa devandita persoa e, tras realizar as indagacións correspondentes, poden pescudar que se trata dunha usuaria dun centro de apoio a persoas con trastornos mentais, procedendo ao seu traslado ao mesmo.

Denuncia por non facer uso da máscara obrigatoria

Ás 21’10 horas do día 5, membros da Unidade Territorial de  Policia de Barrio proceden a denunciar, por unha infracción á Lei de Saúde de Galicia, a un individuo de 54 anos de idade que transitaba pola rúa Río Sil sen facer uso da máscara obrigatoria, sen atoparse afectado por ningunha das exclusións previstas para o seu uso e sen ofrecer ningún motivo para non portala.

Noticias relacionadas