Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 09 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control medidas COVID-19

Na madrugada do luns 7 ao martes 8 de decembro/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis para comprobar o cumprimento da normativa da Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, levantándose TRECE actas de denuncia polos seguintes incumprimentos:

  • 7 actas por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por circular por vía pública, entre as 23,00 e as 6,00 horas, sen acharse incluído en ningunha das causas de excepción recollidas no Real Decreto 926/2020. Todas estas denuncias levan aparelladas sancións de 601 a 30.000 euros.
  •  6 actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao sorprender a outras tantas persoas transitar por vía pública sen facer uso da máscara de protección. Todas estas denuncias levan aparelladas multas de 100 euros.

Filtros de seguridade viaria

Durante a mesma noite detectáronse 3 vehículos que carecían de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, polo que foron retirados polo servizo de guindastre e inmobilizados no Depósito Municipal.

Ruídos en interior de vivenda particular

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode, sobre as 23,15 horas do día 7 de decembro, a un edificio de  Camiño Real xa que segundo chamadas á Sala do 092, os veciños queixábanse dos ruídos de música que proviñan dunha vivenda. Os axentes identifican á responsable e comproban que están reunidas catro persoas charlando e con música ambiente, polo que se lle require para que cesen as molestias, facéndoo ao instante.

Noticias relacionadas