Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 12 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Estado de Alarma

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio e a Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis para comprobar e, no seu caso, impedir que se leven a cabo os servizos e actividades suspendidas así como velar polo cumprimento das limitacións sobre a circulación de persoas e vehículos, levantándose 14 actas de infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, identificándose a 23 persoas e interceptando a 167 vehículos.

Intervención da Unidade de Atestados en accidentes de circulación no centro urbano

O venres 8 de maio, ás 12:15 horas, tivo lugar un accidente de circulación na Rolda Fontiñas, con dous vehículos implicados, rexistrándose danos materiais.

O sábado, 9 de maio, ás 23:00 horas, produciuse un accidente de circulación na Rolda Fontiñas. Un vehículo que se despraza sen condutor, impacta contra un contedor de residuos sólidos, impactando contra un turismo estacionado causando danos materiais.

E xa o domingo 10 de maio, rexistráronse dous sinistros. Un ás 3:40 horas, na rúa das Lousas. Un vehículo sáese da calzada e choca contra a porta do garaxe e fachada dun edificio. Practícanse probas de alcoholemia á condutora, nacida no ano 1994, arroxando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/ l, o que conleva unha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir, sendo ademais denunciada por quebrantar o confinamento decretado no Estado de Alarma.

O outro aconteceu ás 14:30 horas, na rúa Coutado. Danos materiais.

Intervención policial por ruídos molestos no interior de vivendas

Ás 02:00 horas do día 9 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acudiron a un edificio da rúa Manuel Portela polos ruídos que proviñan dunha vivenda e molestaban á veciñanza. Os axentes comprobaron que desde a rúa escoitábase música en ton moi elevado, xa que as xanelas do piso achábanse abertas, identificando ao seu titular, facéndolle ver as molestias que producía, apagando inmediatamente o equipo de música.

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiron, sobre as 21:30 horas do día 9 de maio, a unha vivenda da rúa Pintor Villamil onde comprobaron que se estaba levando a cabo unha “festa” con música en volume excesivo, o que provocaba molestias aos veciños do inmoble. Identificouse á titular do piso, a cal foi advertida das molestias que producía, apagando o equipo de música, comprobando que as persoas que había no seu interior residían na devandita vivenda, levantando os axentes acta de infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Ás 0:25 horas do día 10 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial da Policía Local de Lugo acudiron a un edificio da Avenida Paulo Fabio Máximo xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda. Os axentes comproban que no interior dun piso estaba a celebrarse unha “festa” cuxos asistentes estaban a cantar, dando palmas e utilizando instrumentos musicais. Á chamada dos axentes abre a porta un menor e ao observar a presenza policial corre ao interior e dá aviso, identificando a responsable da vivenda, comprobando que dentro do piso había persoas que non residían alí polo que os axentes levantan acta de infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá e acta por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas