Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 16 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Sobre as 8:50 horas do día 15 de xullo, recíbese unha chamada na Sala do 092 na que unha cidadá informa que no estacionamento fronte ao HULA, coñecido como “leiraparking”, un turismo realiza varias buxainas e derrapaxes poñendo en perigo a integridade das persoas, achegando marca, modelo e matrícula.

Inmediatamente acoden ao lugar efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, entrevistándose coa testemuña que achega unha gravación das manobras que realizou co seu teléfono móbil na cal se observa a condución temeraria descrita, comprobando que o vehículo xa non se acha no lugar, realizando unha batida pola zona, localizándoo nunha das pistas próximas ao hospital, sen ninguén no interior, constatando que non figura nas bases de datos policiais como subtraído, procedendo á súa retirada co servizo de guindastre e o seu traslado ao Depósito Municipal onde queda inmobilizado.

Sobre as 12:00 horas do mesmo día, un mozo de 24 anos, preséntase na Xefatura da Policía Local, en compañía do seu pai, para recuperar o vehículo, sendo recoñecido polas testemuñas como o condutor do turismo que realizara a condución temeraria, motivo polo cal é presentado na Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, enfrontándose a unha pena de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos, instruíndose tamén dilixencias contra o pai do condutor por cooperador necesario, ao ser o titular do vehículo e atopándose presente no momento da condución temeraria gravando as manobras co seu teléfono móbil.

Nun filtro de seguridade viaria establecido na tarde do día 15 de xullo por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, detectouse a circulación dun vehículo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido as probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l (triplicando a taxa máxima establecida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Este condutor foi denunciado tamén por senllas infraccións á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, por falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade e por negarse a identificarse a requirimento destes axentes, enfrontándose a sancións de ata 30.000 euros.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 15:40 horas do día 15 de xullo, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta na Avenida das Fontiñas unha persoa de avanzada idade que transita desorientado, accionando un mando dun garaxe cara aos edificios, manifestando que quería ir ao seu garaxe pero que non lembraba cal era.

Os axentes trasládano no propio vehículo patrulla ao seu domicilio, xa que rexeitou calquera tipo de asistencia sanitaria, sendo entregado á súa familia.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas