Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 16 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 12,45 horas do día 15 de setembro/20 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no mercadillo do Parque da Milagrosa, detecta a circulación dun vehículo pola zona de estacionamento fronte ao auditorio Gustavo Freire.

Que ao darlle o “alto” ao seu condutor e ao solicitarlle a documentación persoal e relativa ao turismo achega unha fotocopia compulsada por  anverso e reverso dun permiso de condución da clase  B ao seu nome, en vigor ata o 30/05/2029.

Realizada a correspondente comprobación a través da base de datos da Dirección Xeral de Tráfico, consta unha perda de vixencia do permiso de condución do condutor  desde 21/11/2019 ata 18/05/2022, acordada por Xulgado do Penal nº 2 de Lugo.

Por tal motivo trasládase a esta persoa á Unidade de Atestados do Corpo da Policía Local onde se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, quedando o vehículo inmobilizado no lugar dos feitos.

Así mesmo intervense a fotocopia compulsada para remisión ao xulgado, tendo en conta que, do seu uso pode derivarse confusión ao atopase o documento en vigor. O que dá aparencia de legalidade á actividade da condución por parte do investigado.

Filtros de Seguridade Viaria

Durante a madrugada do mércores 16 de setembro/20 efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, con apoio dun equipo de Atestados do Corpo, estableceron diferentes  filtros de seguridade  viaria, detectándose un condutor que arroxou un resultado POSITIVO de 0,61 mg/ l, nas probas de detección alcohólica ás que foi sometido, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do seu permiso de condución.

Identificación de persoa facendo lume en vía pública

Sobre as 20,30 horas do día 15 de setembro/20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa como na rúa Vicente Risco, un home está a queimar unhas máscaras e uns taboleiros en vía pública, con risco de propagarse a uns setos dunha leira propiedade da Xunta de Galicia que estaban próximos ao lume.

Que se procede a sufocar o lume, identificando ao responsable e levantando acta de infracción.

Noticias relacionadas