Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Servizos destacados da fin de semana do 19 ao 21 de febreiro/21

Luns, 22 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Dispositivos integrais de seguridade viaria e control normas COVID

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio da Unidade de Atestados deste Corpo, estableceron durante esta fin de semana diversos dispositivos de seguridade viaria e control do cumprimento da normativa da Xunta, sobre medidas de prevención como consecuencia da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, realizándose as seguintes intervencións:

Infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 6 actas de denuncia por entrar no municipio de Lugo sen causa xustificada. Proposta de sanción de 500 euros.
  • 6 actas de denuncia por non facer uso da máscara de protección. Proponse sanción de 100 euros.
  • 3 actas de denuncia por transitar entre as 22,00 e as 6,00 horas, sen causa xustificada. Proponse sanción de 500 euros. Neste caso a intervención policial orixinouse para auxiliar a un mozo que se caeu na escalinata do parque Rosalía de Castro, sobre as 00.40 horas, estando en compañía doutros dous mozos. O accidentado sangraba pola boca e o nariz, queixándose dunha dor nas costas, polo que se lle practicaron os primeiros auxilios, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 na que foi trasladado ao  HULA. Tanto o mozo lesionado como os outros dous que o acompañaban foron denunciados por infracción á Lei de Saúde de Galicia, con multas de 500 euros. Os mozos manifestaron aos axentes que quedaran no parque para “pasar o rato”. O ferido é menor de idade e os seus dous acompañantes, un menor e outro maior de idade. Avisouse aos pais deste feito.

Infraccións á Normativa de Seguridade Viaria:

  • 3 denuncias a outros tantos condutores por circular co vehículo tendo presenza de drogas no organismo, despois de ser sometidos ás correspondentes probas co equipo “drogotest” e lanzar un resultado POSITIVO en THC, abríndose expedientes sancionadores con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.
  • 5 denuncias a outros tantos titulares de vehículos por non presentalos á Inspección Técnica periódica no prazo debido. Sanción de 200 euros.
  • 1 denuncia por circular co vehículo cuxa inspección técnica resultou desfavorable. Sanción 200 euros.
  • 1 denuncia por arrastrar un remolque carecendo de sistema de iluminación. Sanción 200 euros.
  • 1 denuncia por conducir cun permiso sen haber realizar o curso de reeducación viaria despois dunha condena penal en materia de tráfico. Sanción 200 euros.
  • 1 denuncia por conducir un vehículo cun permiso cuxa vixencia venceu. Sanción 200 euros.

Así mesmo procedeuse a darlle o “alto” a un vehículo sobre o que pesaba mandamento de captura e depósito por embargo, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal onde queda precintado ao dispor do órgano competente.

Auxilio a cidadán

Sobre as 12,20 horas do día 20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é alertada por varios viandantes de que na rúa  Montirón había unha persoa tirada na beirarrúa.

Os axentes comproban que se trata dun home de 85 anos que se acha consciente, prestándolle os primeiros auxilios e requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu posterior traslado ao  HULA.

Ruídos en interior de vivendas particulares

Ás 23,00 horas do día 20 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Mestre Soutullo xa que os veciños denuncian ruídos molestos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban que se escoita ruído de actividade humana, identificando o propietario da vivenda, manifestando que descoñecía que causase molestia algunha, sendo requirido para que cesen, o que fai ao instante.

Sobre as 23,45 horas do mesmo día, a Sala do 092 da Policía Local de Lugo comunica a unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno que acuda a un edificio da rúa Pontevedra xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban, desde as escaleiras do edificio, que se escoita actividade humana en ton alto e música a volume elevado, procedendo a identificar ao responsable, comprobando os axentes que o grupo de persoas era conviventes, sendo requiridos para que cesasen as molestias, o que se fixo de inmediato.

Intervencións con ocasión do temporal Karim. (Achéganse varias fotografías)

As patrullas da Policía Local de Lugo tiveron que intervir, durante esta fin de semana, nos seguintes sucesos:

  • Caída de cascotes á beirarrúa da fachada dun edificio da rúa Quiroga.
  • Cables soltos na rúa Virxe da Soidade.
  • Árbore caída sobre a calzada e tendido eléctrico na rúa Xoan Rico Pérez.
  • Cristais rotos nun edificio da rúa Camiño de Romai.
  • Antena descolgada dun edificio da rúa Miguel de Cervantes.
  • Chapa solta da galería dun edificio da rúa Yañez Rebolo.
  • Valos publicitarios con perigo de desprendemento na rúa Paulo Fabio.
  • Rotura de luneta térmica dun vehículo estacionado en cálea Lamas de Prado.
  • Caída de Cascotes da fachada dun inmoble da Calzada das Gándaras.
  • Caída de Cascotes da fachada dun edificio da Rolda da Muralla.
  • Caída da chapa dun edificio da Avenida da Coruña.
  • Danos en vehículos por causa do vento en cálea Fábrica da Abella.
  • Desprendemento da rama dunha árbore na estrada de Ombreiro.
  • Caída dunha árbore obstaculizando a calzada en O Veral.
  • Desprendemento de tellado en rúa Magnolia causando danos en 3 turismos estacionados.
  • Caída de tres postes de iluminación na avenida Adolfo Suárez.
  • Desprendemento de tellado na Avenida da Coruña.
  • Retirada de antena dun edificio da Avenida de Fontiñas.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas