COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Martes, 10 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Axuda humanitaria

Sobre as 17:35 horas do día 9 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola sala do 092 para que acuda a un edificio de Campos Novos xa que ao parecer unha persoa caera no interior do seu domicilio e era incapaz de levantarse. Os axentes comparecen de inmediato e observan como un home de elevado peso escorregouse da súa cadeira de rodas e estaba caído no salón da vivenda, sendo auxiliado polos policías que o incorporan, colocándoo correctamente na cadeira de rodas, sen que se tivera producido lesión algunha, rexeitando asistencia médica e finalizando o servizo sen outra novidade.

Inspección de locais de hostalería

Sobre as 3:10 horas do día 10 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta que na rúa Milagrosa hai un local aberto, polo que realizan unha inspección, identificando á responsable e comprobando como hai persoas no interior consumindo bebidas, con música e excedendo, no exercicio da actividade, o límite horario establecido, levantándose acta de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas.

Accidentes de circulación

Sobre as 14:25 horas do día 9 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Paseo dos Estudantes confluencia con rúa Fonte da Bica xa que se produciu un accidente de circulación, no que un vehículo non respecta o sinal de STOP chocado contra outro que circula por esta última rúa, dirección Avenida de Madrid, rexistrándose danos materiais e instruíndose as oportunas dilixencias.

 

Noticias relacionadas