Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 30 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon, sobre as 8:10 horas do día 29 de abril, á detención dun home de 40 anos como autor dos delitos de furto, danos en vehículo policial, desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.

Os feitos sucederon cando o agora detido apoderouse do interior dun vehículo da empresa URBASER, estacionado na rúa Luís Pena Novo, dunha peza de abrigo do traballador, unha bolsa que contiña efectos persoais e un aparato de radio propiedade do empregado.

Os axentes localízano levando posto o abrigo rotulado co nome e anagrama da empresa de limpeza e colgado ao ombreiro a bolsa propiedade do traballador que contiña unha neveira portátil e o aparello de radio, arroxándoos ao chan ao decatarse da presenza policial.

Ao tratar os axentes de identificalo, o individuo négase rotundamente, proferindo insultos graves contra os mesmos, opoñendo grave resistencia a ser introducido no vehículo policial para o seu traslado a dependencias policiais, procedendo a dar patadas contra o biombo de seguridade do vehículo patrulla causando danos nun dos portelos traseiros.

Xa en dependencias policiais, instrúense dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda, levantando acta de infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá ao non xustificar a súa presenza na vía pública, comprobando que xa fora denunciado con anterioridade por incumprimento do establecido no Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma.

Noticias relacionadas