COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Xoves, 28 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Delitos contra a seguridade viaria

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo pola Rúa Mallorca, observa que un vehículo circula pola Avenida da Coruña a gran velocidade, facendo uso dun tubo de escape resonador.

Para comprobar as condicións nas que circulaba o seu condutor, inician un seguimento para proceder á súa detención, facendo uso da sinalización acústica e luminosa do vehículo policial, observando como o turismo, ao detectar a presenza policial, acelera notablemente, apagando a iluminación, e iniciando unha fuxida polas rúas Xulia Minguillón, Camiño Real, introducíndose na rúa Río Ser en sentido contrario, continuando pola rúa Río Navia, seguindo por Lamas de Prado, Dona Urraca, etc, pasando nos seus percorrido semáforos de luz vermella, non respectando sinais de stop e sinais de entrada prohibida.

Na totalidade dos viarios polos que circulaba, a velocidade está limitada a 30 km/h e que o tempo que durou a persecución do devandito vehículo, este circulou a unha velocidade alarmantemente superior á establecida para a vía, podendo comprobar os axentes como o velocímetro do vehículo policial superaba o 100 km/h, rebaixando os policías a velocidade do vehículo policial, polo risco que podería supor para a seguridade do condutor do vehículo fuxido, a dos axentes e a do resto de persoas usuarias.

Debido á gran velocidade, os axentes logran soamente identificar a marca, modelo e cor do vehículo, así como as letras da placa de matrícula, polo que se realiza un cribado a través das bases de datos policiais, para determinar cantos vehículos da provincia de Lugo coinciden coas características do fuxido, determinando que había un que coincidía coa marca, modelo, cor e as tres letras da placa de matrícula, procedendo á localización do seu titular, domiciliado en Lugo, o cal é citado para que compareza co seu vehículo na Xefatura da Policía Local.

Durante a comparecencia do titular, a efectos de aclarar as circunstancias relacionadas coa condución descrita, manifesta que é o condutor habitual e inicialmente di que á hora dos feitos achábase no seu domicilio, para posteriormente cambiar a súa manifestación e indicar que circulou ese día, á hora dos feitos e polos viarios descritos á velocidade elevada, coincidindo as súas características físicas coas achegadas polas testemuñas.

Por iso, ante as manifestacións de testemuñas e do propio condutor, os feitos descritos dan lugar á instrución de dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria. O primeiro por condución manifestamente temeraria, pondo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas e outro delito por conducir a velocidade superior en 70 km/h en vía urbana á permitida reglamentariamente.

Polo primeiro delito, o condutor enfróntase a unha pena de prisión de 6 meses a dous anos e a privación do permiso de conducir dun a seis anos e polo segundo delito a unha pena de prisión de 3 a 6 meses e coa privación do permiso de condución dun a catro anos.

Control de drogas e Precinto por embargo

Na tarde do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, detecta a circulación irregular dun vehículo pola Avenida da Coruña, sendo dado o alto e observando os policías que o condutor presenta signos de consumir sustancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, arroxando un resultado POSITIVO en COCAÍNA, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. Así mesmo compróbase a través das Bases de datos policiais que sobre o vehículo pesa un mandamento de captura e depósito por EMBARGO, polo que é trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal onde queda PRECINTADO a disposición do organismo competente.

Ruídos en interior de vivenda

Na madrugada do día 28 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Perpetuo Socorro xa que os veciños queixábanse do ruído que proviña dunha vivenda, comprobando os axentes como se escoitaba música en ton alto, incompatible co descanso nocturno, polo que se requiriu á responsable para que cesasen as molestias, o que fixo ao momento.

Momentos máis tarde, cando a patrulla abandonara o lugar, os veciños volven comunicar que esta persoa puxera outra vez a música, polo que os axentes levantan acta de de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por desobediencia a axentes da autoridade, propóndose sanción de até 30.000 euros.

Negativa a facilitar follas de reclamacións

Na tarde de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, acode a un establecemento da Rúa Nova xa que uns clientes denuncian que o propietario non lles facilita as follas de reclamacións, xa que teñen un desacordo co prezo do menú, procedendo os axentes á identificación das partes, manifestando o propietario do local que non dispón das devanditas follas, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á Lei de Turismo de Galicia.

Auxilio á cidadanía

Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un establecemento da rúa San Roque xa que no interior atópase unha persoa de avanzada idade desorientada.

A titular do local manifesta que esta persoa se presentou alí, sen saber onde se atopaba, nin onde residía, estando totalmente desorientada, realizando os policías investigacións, localizando a un familiar que se fai cargo desta persoa.

 

Noticias relacionadas