Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 01 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Na noite do día 30 de novembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Praza do Conde Fontao xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación, comprobando os axentes que un vehículo atópase no medio do carril de circulación e o seu condutor sentado na beirarrúa, xa que chocara contra o bordo, danando a roda dianteira dereita, quedando inhabilitado para circular, observando os policías que o condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO de 1,02 mg/ (máis de catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedendo á retirada do vehículo. Este condutor de 46 anos de idade, é reincidente xa que foi condenado por delitos contra a seguridade viaria nos anos 2018 e 2020.

Así mesmo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Auxilio a cidadán

Na tarde do día 30 de novembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un inmoble da rúa Santo Graal xa que había unha persoa tirada na escaleira, comprobando os axentes que un home de avanzada idade achábase tirado no rellano da súa vivenda, en evidente estado de embriaguez, manifestando  que saíra a “tomar algo” e ao non conseguir abrir a porta do seu domicilio, caeuse, sendo auxiliado e requirindo a presenza dunha ambulancia, cuxa dotación sanitaria asistiu a esta persoa que quedou no seu domicilio a cargo dun familiar.

Noticias relacionadas