Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 02 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Intervencións en materia de seguridade viaria o día 31 de decembro

  • DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA: Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola Rolda das Fontiñas, comprobando que o condutor CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • ALCOHOLEMIA ADMINISTRATIVA: Na rúa San Roque unha patrulla do Grupo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,35 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN CON ALCOHOLEMIA: Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Rolda Fontiñas xa que se producira un accidente de circulación, observando que un vehículo saíuse da vía na confluencia coa rúa Rof Codina, chocando contra uns bolardos da mediana e desprazándose cara á beirarrúa contraria, resultando con danos materiais, observando que o condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo. (Adxúntanse imaxes)

Identificación de moza que causa danos nun portal de edificio

Sobre as 1:15 horas do día 1 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da Avenida da Coruña xa que os veciños denunciaban escoitar fortes ruídos no portal. Os axentes comparecen de inmediato, observando a unha moza no interior do portal e que o cristal da porta estaba totalmente fracturado e ao decatarse da presenza policial abandona o inmoble tratando de escapar, sendo interceptada, observando que presenta cortes leves nas mans e o pantalón manchado de sangue, negándose a identificarse, sendo trasladada a dependencias policiais para a súa completa identificación e instruíndo as dilixencias oportunas polos danos causados, sendo ademais denunciada por dúas infraccións á Lei de Seguridade Cidadá por negativa a identificarse e falta de respecto aos axentes da autoridade.

Ruídos en interior de vivendas

  • A madrugada do 31 interveuse nun domicilio da rúaSaúde onde os veciños queixábanse dos ruídos de música e festa, incompatibles co descanso nocturno. A patrulla comproba que se escoita música e cánticos en ton moi alto, sendo identificado o responsable e requiríndolle que cesasen as molestias o que fai ao instante, levantando acta de intervención por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas