Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 02 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Condución temeraria

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode ao aparcamento do centro comercial As Termas xa que segundo testemuñas, un vehículo realiza manobras temerarias, ausentándose acto seguido do lugar, solicitando os axentes o visionado das cámaras de seguridade, onde se observa como un vehículo circula de modo temerario polo aparcamento, co acompañante fóra do vehículo, sentado no portelo, iniciándose as oportunas investigacións para a identificación do condutor, localizándoo en Villalba, coa colaboración da Policía Local desa localidade, citándoo tanto ao condutor, que resultou ser unha muller, como ao acompañante, abríndose expediente por condución temeraria contra a condutora e abrindo expediente sancionador ao acompañante por non facer uso do cinto de seguridade e comportarse indebidamente na circulación poñendo en risco a mesma.

Filtro de seguridade

Durante a madrugada realizouse un filtro de seguridade no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno co emprego de vehículos policiais camuflados, detectando as seguintes infraccións GRAVES:

  • Alcoholemia POSITIVA. 0,49 mg/l. Sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • 4 condutores denunciados por non pasar a ITV no prazo debido.
  • 2 condutores denunciados por condución neglixente.
  • 1 titular de vehículo denunciado por circular carecendo de SOA.
  • 1 condutor denunciado por ter o permiso de condución caducado.
  • 1 condutor de vehículo estranxeiro denunciado por circular carecendo da autorización administrativa necesaria. Procedeuse á súa retirada co guindastre e interviñéronse as placas de matrícula.

Noticias relacionadas