Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 02 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Actos obscenos

Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Avenida da Coruña xa que ao parecer un home estase masturbando no interior dun vehículo.

Os axentes preséntanse de inmediato e localizan o vehículo estacionado, observando como un home de mediana idade está recostado na parte posterior do turismo, coas súas partes íntimas ao descuberto. Os axentes proceden á identificación desta persoa, levantando acta de intervención para a súa remisión á Autoridade competente pola execución destes actos de exhibición obscena.

Agradecemento da Policía Local á cidadanía

A Policía Local de Lugo quere mostrar o seu agradecemento polo labor de colaboración cidadá que, o pasado día 17 de marzo a media mañá, fixo posible que o condutor dun turismo, que xerou un incidente grave, de tráfico e incívico, na Avda. de Magoi, fose denunciado por dous delitos contra a seguridade viaria, por dar positivo en proba de alcoholemia e posible condución temeraria.

O excelente labor realizado polos compoñentes da Unidade de Atestados do Corpo, que instruíron as dilixencias e acolleron as probas testificales e outras obtidas a través de medios de captación de imaxe e son, ofrecidas por varios cidadáns de forma voluntaria, permitiron ademais que, unha vez recibidas na Unidade Administrativa de Sancións da Xefatura da Policía Local, de oficio, se incoasen outros tres (3) expedientes administrativos para sanción.

Devanditos expedientes refírense a condutas ao volante relacionadas co uso abusivo dos sinais acústicos sen motivo, a condución sen cinto de seguridade e o estacionamento realizado obstaculizando gravemente a circulación, dúas delas infraccións GRAVES á normativa de Seguridade viaria.

Iso supón que, independentemente da máis que probable condena xudicial, devandito condutor deba de afrontar o pago dunha contía económica de 480 euros e a detracción de 4 puntos do permiso de condución.

Non cabe pois, máis que felicitar aos cidadáns que tan amablemente colaboraron no labor policial e facilitaron probas para perseguir uns feitos ilícitos e tremendamente incívicos.

Noticias relacionadas