Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 02 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Seguridade cidadá

Na tarde do día 31 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Armórica xa que, segundo chamadas recibidas, un home estaban a golpear ao seu propio can e que, ao ser recriminado polos viandantes, tamén os está increpando.

Os axentes achan a esta persoa, que suxeita cunha correa un can das características indicadas polas testemuñas dos feitos, observando que se acha baixo os efectos do alcol, mostrando unha actitude irrespetuosa cos policías, negándose a identificarse, tentando introducirse no portal dun edificio, sendo interceptado, momento no que se lle require novamente para que se identifique, advertíndolle que en caso de persistir na súa negativa, sería conducido a dependencias policiais para a súa completa identificación, polo que opta finalmente por identificarse, sendo denunciado polas seguintes infraccións á Lei de Seguridade Cidadá:

  • Negativa a identificarse. Sanción Grave, que carrexa multa de até 30.000 euros.
  • Falta de respecto a axentes da autoridade. Proposta de sanción de até 600 euros.

O animal tamén foi identificado e achábase en boas condicións físicas e ben coidado.

Filtros de seguridade viaria

Por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizáronse diversos filtros de seguridade en vías do centro urbano, co seguinte resultado:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • NEGATIVA a someterse ás probas de alcoholemia dun condutor que presenta signos de inxesta de alcol. Instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Rolda da Muralla. Condutor que é detido nun control, observando os axentes que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,66 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Avenida da Coruña. Detéctase un condutor que ao ser sometido ás probas de alcoholemia, arroxa un resultado POSITIVO de 0,38 mg/l. Expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Avenida da Coruña. Detéctase a circulación dun patinete eléctrico cuxo condutor presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l. Expediente sancionador con multa de 500 euros.
  • Avenida de Madrid. Sorpréndese a un condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxan un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l. Expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Todos os vehículos foron inmobilizados.

Noticias relacionadas