Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 03 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Alcoholemia e quebrantamento de inmobilización

Sobre as 15:45 horas do día 30 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa na Avenida de Madrid como un vehículo realiza unha condución irregular que case provoca o atropelo de dous peóns que se atopaban cruzando nese momento, procedendo a darlle o “alto” e comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,62 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo compróbase que o vehículo CARECE de Inspección Técnica ao ter a mesma un resultado NEGATIVO, polo que se lle abre outro expediente sancionador con multa de 500 euros, procedéndose á inmobilización do vehículo.

Unha hora máis tarde a mesma patrulla policial detecta a circulación dese vehículo, conducido polo mesmo condutor, dándolle o “alto” e sendo sometido de novo ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,61 mg/l polo que se abre outro expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo ábreselle expediente sancionador por quebrantar a inmobilización, o que supón multa de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e outro por conducir o vehículo sen facer uso do cinto de seguridade o que supón sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

O vehículo foi retirado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal onde quedou inmobilizado.

Delitos contra a seguridade viaria

  • Ás 12:30 horas do día 30 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo nas inmediacións do recinto feiral, detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa Ciudad de Viveiro, comprobándose que o condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN por perda de vixencia, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, quedando o vehículo inmobilizado.
  • Ás 18:00 horas do día 2 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Serra de Outes, comprobando que CARECE de Seguro Obrigatorio. O condutor non porta documento algún que acredite a súa identificación, manifestando verbalmente uns datos que resultaron ser falsos, xa que correspondían aos do seu irmán, comprobándose que CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e inmobilizando o vehículo.

Así mesmo levántase acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por alegar datos falsos nun proceso de identificación, podendo carrexar sanción, no seu grao mínimo, de ata 10.400 euros.

Liorta en vía pública

Sobre as 00:10 horas do día 2 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á confluencia da Rolda de Valle Inclán con Camiño Real xa que ao parecer estábase producindo unha pelexa entre dous homes.

Os axentes comparecen de inmediato e proceden á identificación destas dúas persoas que resultaron ser irmáns, manifestando un deles que ao observar ao seu irmán que quería coller o coche en estado de embriaguez e como llo impedía comezou unha discusión, agredíndoo levemente, sen causarlle lesión. Os axentes identifican ademais a unha testemuña presencial, confeccionando o correspondente parte de intervención para a súa remisión á Autoridade competente.

Noticias relacionadas