Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 03 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Sobre as 16:15 horas do día 2 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa San Roque, que ao darlle o “alto” compróbase que é conducido por un mozo menor de idade (17 anos) e que ademais o vehículo non pasara a ITV no prazo debido.

Os axentes contactan cos seus pais e trasládanse á Unidade de Atestados onde se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria ao CARECER de autorización administrativa para conducir por non obtela NUNCA, sendo inmobilizado o vehículo.

Na madrugada do día 3 de maio unha patrulla policial camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta ás 1:00 horas a circulación irregular dun vehículo por CamiñoReal que ao ser detido compróbase que o condutor CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA e que ademais presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l. Ademais compróbase que o vehículo non pasara a ITV no prazo debido e que o menor que o acompañaba non utilizaba un sistema de retención infantil homologado.

Por todo o anterior instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, ademais de abrir expedientes sancionadores polas infraccións detectadas, que supoñen sanción de 900 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, sendo inmobilizado o vehículo.

Máis tarde na mesma rúa un vehículo trata de evitar un control de alcoholemia establecido por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, apagando as luces, sendo interceptado por unha patrulla policial camuflada que se achaba de protección do control, comprobándose que o condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,91 mg/l(case catro veces máis que a taxa máxima permitida), sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedéndose á inmobilización do vehículo.

Dispositivo control aparcacoches ilegais

Na mañá do día de onte 2 de maio estableceuse un dispositivo especial na contorna do HULA para o control da actividade ilegal coñecida popularmente como “gorrillas”, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais camuflados, levantándose CINCO actas de denuncia por infraccións á Ordenanza de Circulación e ao Regulamento Xeral de Circulación ao sorprender a outras tantas persoas realizando a conduta de invadir a calzada para indicar estacionamentos a condutores, ocasionando molestias e poñendo en risco a súa integridade física.

Noticias relacionadas