Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 04 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Delitos contra a seguridade viaria

Sobre as 00,45 horas do día 3 de outubro/21 un cidadán pon en coñecemento da Sala do 092 da Policía Local de Lugo que un vehículo que circulaba pola rúa Rof Carballo chocara contra un vehículo estacionado.

Ao lugar desprázase un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo e comproba como efectivamente se atopa danado un vehículo estacionado e este á súa vez desprazouse ocasionando danos a outro vehículo estacionado inmediatamente despois, quedando apoiado na parte traseira contra unha árbore ornamental.

Localízase ao vehículo causante destes danos estacionado sen condutor en calle San Xillao, sendo localizado o condutor camiñando pola Ronda das Fontiñas, preto do seu domicilio, observando que presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,87 mg/ l (case o triplo da taxa máxima permitida), sendo trasladado á Xefatura da Policía Local onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Esa mesma noite, sobre as 04,20 horas, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun turismo pola rúa Mariña Española, observando os axentes que o condutor presenta signos externos compatibles co consumo de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,74 mg/ l, sendo trasladado á Xefatura do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Sobre as 23,55 horas do mesmo día unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta que un turismo non respecta a luz vermella dun semáforo da Avenida de Ramón Ferreiro, comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/ l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Todos estes condutores enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Noticias relacionadas