Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 05 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante as noites do venres 2 e o sábado 3 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, estableceron diferentes dispositivos de seguridade viaria para o control de alcoholemia e drogas e da documentación e estado dos vehículos, levándose a cabo en vías do centro urbano co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Rúa Illas Cíes. Unha patrulla detecta a circulación irregular dun vehículo que, ao ser interceptado, obsérvase que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,93 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e procedendo á inmovilización do vehículo.

Pasadas dúas horas da intervención anterior, outra patrulla detecta a circulación deste vehículo, que quebrantara a orde de inmobilización, sendo requirido de novo o condutor para que se someta ás probas de alcoholemia, NEGÁNDOSE a iso, polo que se instrúen dilixencias por outro delito contra a seguridade viaria, ao negarse a someterse ás probas de alcoholemia cando está obrigado, procedendo á retirada do vehículo co servizo de guindastre municipal.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Na mesma rúa Illas Cíes dáse o alto a un condutor que presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Na Avenida das Américas dáse o alto a un vehículo, sendo sometido o seu condutor ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,34 mg/l. Sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos.
  • Na rúa Cuadramón detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser sometido o seu condutor ás probas regulamentarias, arroxa un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l. Sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos.
  • Na Avenida da Coruña dáse o alto a un vehículo cuxo condutor arroxa unha taxa de alcol de 0,48 mg/l.
  • Na Avenida de As Fontiñas estableceuse un DISPOSITIVO ESTÁTICO DE CONTROL no que se chequeou un número importante de vehículos e condutores, co seguinte resultado:

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • ** Se deu o alto a un vehículo cuxo condutor arroxou un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • ** POSITIVO de 0,42 mg/l
  • ** POSITIVO de 0,38 mg/l
  • ** POSITIVO de 0,37 mg/l

A estes condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  • Rúa San Xiao. Realízase test de drogas a un condutor, arroxando resultado POSITIVO en COCAÍNA. Proponse sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Avenida Garabolos. Dáse o alto a un vehículo cuxo condutor arroxa unha taxa de alcol de 0,43 mg/l. Proponse sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos.
  • Rúa Mazaira. Sométese un condutor a un control de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0, 36 mg/l. proponse sanción como o condutor anterior.

Así mesmo confeccionáronse denuncias polas seguintes infraccións GRAVES á normativa de Seguridade Viaria:

  • Carencia de SOA, non facer uso do cinto de seguridade.
  • Non presentar o vehículo á ITV no prazo debido.
  • Circular un vehículo con exceso de ocupación das súas prazas autorizadas.
  • Conducir un vehículo cunha autorización administrativa que carece de validez por non realizar o curso de reeducación.
  • Conducir un vehículo cun permiso estranxeiro non susceptible de troco.

Axuda humanitaria

Na mañá do día 2 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, cando realizaba labores de vixilancia pola Avenida da Coruña, é requirida por un cidadán de avanzada idade, moi nervioso, que lles manifesta que se desorientara e que non se acordaba onde vivía.

Os axentes trasladan a esta persoa no vehículo policial, comprobando que vive só pero que é auxiliado por unha traballadora do servizo de asistencia, quedando esta persoa no seu domicilio sen outra novidade.

Noticias relacionadas