Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 2 ao 4 de decembro.

Luns, 05 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante esta fin de semana, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo e da Unidade Territorial de Policía de Barrio, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, intensificáronse os filtros de seguridade viaria, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectándose as seguintes incidencias:

  • Detéctase a circulación dun vehículo cuxo condutor non fai uso do cinto de seguridade, comprobándose ademais que non pasou a ITV no prazo debido, presentando signos de consumir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,33 mg/l. Instrúense tres expedientes sancionadores: o primeiro de 500 euros e 4 puntos de retirada do permiso de condución pola alcoholemia; o segundo de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución polo cinto de seguridade e o terceiro con sanción de 200 puntos pola ITV.
  • Nun control na República Arxentina detéctase un condutor que presenta signos de acharse embrigado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,59 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Detéctase a circulación dun vehículo que carece de ITV, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l, proposto para sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e de 200 euros pola ITV.
  • Detéctase un vehículo que pasa a luz vermella do semáforo na Rolda das Fontiñas e o seu condutor presenta signos de acharse embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l, abríndose dous expedientes sancionadores, o primeiro de multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir pola alcoholemia e o segundo de 200 euros e a retirada de 4 puntos por non respectar a luz vermella dun semáforo.
  • Detéctase nun control na rúa Dinán TRES condutores con taxas de alcol superiores ás regulamentarias (dúas deles administrativo e un PENAL).
  • O primeiro lanza un taxa de 0,49 mg/l.
  • O segundo de 0,37 mg/l.
  • O terceiro de 0,68 mg/l.

Aos dous primeiros ábreselles expediente con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e ao terceiro é trasladado a dependencias da Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

  • Na rúa Luís Cordeiro dáse o alto a un vehículo que circulaba de forma irregular, sendo sometido o seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,35 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Nesa mesma rúa dáse o alto a outro vehículo, cuxo condutor lanza unha taxa POSITIVA de alcol de 0,53 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Na rúa Poeta Cabanillas detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Ás 10:35 horas do sábado día 3 un equipo de Atestados trasládase á estrada LU-P-2902 xa que se producira un accidente de circulación, no que un vehículo sáese da vía chocando contra unha árbore, resultando ileso o condutor e observando os axentes que este presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,70 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntase imaxe)

Delito contra a seguridade viaria por PERDIDA DE VIXENCIA

A tarde do día 3 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola Avenida Benigno Rivera, comprobando que o seu condutor CARECÍA de permiso de condución por PERDIDA DE VIXENCIA ao perder todos os puntos asignados, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Inspección de establecementos públicos

  • Na madrugada do día 3 de decembro efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectan que un establecemento de lecer nocturno, situado na rúa Catedral, estaba aberto ao público, con actividade, a pesar de que tiña ORDE DE PECHE debido ás numerosas deficiencias detectadas como:
  • carencia de sistemas de peche automático das portas,
  • carencia dun número determinado de extintores,
  • alumado de emerxencia,
  • carencia de carteis esixidos pola normativa de espectáculos públicos, cables á vista e algúns sobre madeira,
  • falta de funcionalidade do rexistrador- limitador de son,
  • acceso ao establecemento non axustado á normativa de accesibilidade,
  • carencia de carteis de cámara de videovixilancia, etc…

Por tal motivo os axentes proceden ao peche e ao precinto do local. (Adxúntase imaxe)

  • Así mesmo compróbase que un establecemento de lecer nocturno situado ra rúa Pintor Villamil estaba aberto ao público con actividade, a pesar de que tiña orde de peche por inspección de efectivos da Policía Local ao detectarse que exercía a actividade sen título habilitante, polo que se procede ao seu desaloxo, impedindo a actividade e PRECINTANDO o establecemento. (Adxúntase imaxe)

Auxilio á cidadanía

  • Ás 7:45 horas do día 3 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Río Sil xa que unha persoa caera no seu domicilio e non podía incorporarse. Os axentes atopan a esta persoa tirada no baño, procedendo ao seu auxilio, incorporándoa e quedando ao coidado dunha familiar.
  • Ás 11:10 horas do mesmo día unha patrulla acode á Praza de Abastos de Quiroga Ballesteros xa que unha persoa estaba tirada no chan. Os axentes comproban que se trata dun home que presentaba unha brecha na cella, con signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo auxiliado e solicitando a presenza dunha ambulancia que o trasladou a un centro médico.

Condutas incívicas

Durante a madrugada do sábado día 3 de decembro unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu a CINCO rapaces ouriñando na vía pública, concretamente en:

  • 2 na Travesía do Miño
  • 2 na Rúa Armañá
  • 1 na Praza de Pío XII

A todos eles abríuselles expediente sancionador por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose multas de ata 900 euros de multa.

Identificación por lesións e danos

Sobre as 4:30 horas do día 4 de decembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo na Praza de Pío XII, é requirida por dous mozos que presentaban, un deles, unha ferida na cabeza e o outro rabuñaduras tamén na cabeza, de escasa entidade, manifestando que unha moza golpeáralles cunha botella, sendo localizada polos axentes, a cal manifestou que lle fracturaran o teléfono móbil, mostrándoo aos policías, o cal tiña a pantalla con danos. Os axentes solicitan a presenza dunha ambulancia na que se traslada aos feridos, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas