Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 3 ao 5 de febreiro de 2023.

Luns, 06 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

  • Sobre as 18:30 horas do día 3 unha patrulla da Unidade territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta pola Avenida da Coruña a circulación dun “patinete con sillín”, comprobando que pola súa configuración (altura do sillín, carecer de pedais, potencia do motor, etc) formaría parte do a categoría L1.eB, é dicir que se trata dun ciclomotor de dúas rodas, sendo necesario que o condutor dispoña de permiso de condución da clase AM, comprobando que CARECE DE PERMISO, polo que se lle traslada a dependencias da Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo. (Adxúntase imaxe)
  • Sobre as 20:30 horas do mesmo día unha cidadá comunica á Sala do 092 que mentres camiñaba pola rúa Mariña Española, observa un turismo que circula en zig-zag, momento no que a condutora detén o seu vehículo, se baixa do mesmo e comeza a vomitar, tratando de auxiliala, indicándolle que consumira alcol e drogas. Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo comparece de inmediato no devandito lugar observando que a condutora presenta signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,60 mg/l, sendo trasladada ao HULA por mor do empeoramento do seu estado de saúde pola influencia de bebidas alcohólicas, onde se lle practican ademais as correspondentes probas de drogas, lanzando resultado negativo. Por todo iso instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo de motor con influencia de bebidas alcohólicas, na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Ás 18:30 horas do día 4 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Anselmo Sampedro, observando que o condutor presenta signos de consumo de alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,30 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Sobre as 00:50 horas do día 5 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta na Avenida da Coruña un vehículo que realiza unhas derrapaxes, sendo interceptado momentos despois, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, xa que desprende un forte cheiro a alcol, a súa voz era pastosa e os ollos tíñaos vidriosos, informándolle que vai ser sometido ás probas de detección alcohólica, momento no que a condutor baixa do vehículo, observando que non daba mantido a verticalidade, tomando unha actitude agresiva cara aos policías, propinando varias patadas e puñadas, tendo inicialmente que inmobilizalo para non causar lesión algunha, accedendo inicialmente a someterse ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l na primeira proba, negándose a realizar a segunda proba que é obrigatoria. Ao informarlle que se van a instruír dilixencias por delito contra a seguridade viaria, ponse violento e tenta agredir a un dos axentes, polo que é detido e trasladado a dependencias policiais para a instrución de dilixencias por delito de resistencia e desobediencia a axentes da autoridade, instruíndose tamén dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.
  • Ás 18:00 horas do día 5 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo, de servizo na rúa San Roque, detectan a circulación dun vehículo que carece de Seguro Obrigatorio, dándolle o alto e comprobando que o seu condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN, por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Ás 2:15 horas do día 6 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode á rúa Germán Alonso xa que unha patrulla da PN dera o alto a un vehículo, comprobando que o seu condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,67 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Accidentes de circulación

Sobre as 19:00 horas do día 3 un equipo de Atestados desprázase á glorieta de confluencia das rúas Monforte e Río Sil xa que se producira unha saída de vía. Os axentes observan un turismo na zona central da glorieta, manifestando o seu condutor que non tiña batería e ao tratar de arrincalo en movemento pola rúa Río Eo, non conseguiu controlalo, subíndose á beirarrúa, chocando contra dous maceteiros de grandes dimensións e a continuación, co vehículo apagado, continúa circulando pola rúa Río Sil ata quedar detido na zona central da glorieta, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado NEGATIVO, instruíndose dilixencias polos danos causados.

Ás 00:50 horas do día 5 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á confluencia das rúas Doutor Gasalla e Poeta Cabanillas xa que se produciu un accidente de circulación onde estaban implicados tres vehículos, orixinándose cando un deles non respectou un sinal de Stop e chocou contra outro que circulaba por vía preferente e este á súa vez contra un estacionado, resultando con lesións, que inicialmente non revisten gravidade, os catro ocupantes dun dos vehículos que foron trasladados por ambulancias do 061 ao HULA. (Adxúntase imaxe)

Inspección establecemento público

Na tarde do día 4 nun operativo conxunto de Policía Nacional e Policía Local, efectivos de ambos os corpos realizaron unha inspección nun local de hostalería situado na rúa Pintor Luís Seoane, identificando a 16 persoas e levantando TRES actas de denuncia por diversas infraccións detectadas no establecemento á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, principalmente por:

  • Carencia de extintores
  • Carencia de seguro
  • Carencia de carteis de información (follas de reclamacións, horario de apertura e peche, copia de licenza de apertura, prohibición de alcol a menores, etc)

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas