Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 06 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Intervención con Animais

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, realizaron as seguintes intervencións relacionadas con animais:

Identifícase o propietario dun can e levántase acta de denuncia por infracción á Lei de Protección e Benestar dos animais de compañía, por encerralo no interior dun vehículo durante polo menos seis horas, na noite do pasado 1 de marzo, na rúa Pintor Villamil.

Identifícase o propietario dun animal e levántase acta de denuncia por infracción á Lei de Protección dos dereitos e o benestar animal, por non adoptar as medidas necesarias para evitar que ocasione molestias ás persoas, tras recibir numerosas chamadas dos veciños da rúa Villisqueiras polos ladridos do can, impedindo conciliar o soño.

Identifícase o propietario duns cabalos que circulaban libremente pola Avenida Benigno Rivera, levantando actas de denuncia por infracción á normativa de seguridade viaria, así como por non cumprir a obrigación de identificación dos animais xa que carecían de microchip.  Os cabalos foron conducidos a unha leira adxacente onde se fixo cargo deles o seu propietario.

Filtros de seguridade viaria

No día de onte por efectivos da Policía Local de Lugo realizáronse diversos filtros de seguridade viaria, co seguinte balance:

Dous condutores interceptados con signos de embriaguez, en rolda dás Fontiñas e San Roque, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,30 e 0,34 mg/l., respectivamente, sendo sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Nove denuncias a outros tantos condutores por non presentar o vehículo a ITV no prazo debido.

Un titular de vehículo denunciado por circular CARECENDO de SOA. Procedeuse á a súa retirada para o Depósito Municipal onde queda inmobilizado.

Un condutor denunciado por conducir con permiso estranxeiro non susceptible de troco.

Noticias relacionadas