Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 06 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Alcoholemia positiva

Durante a noite do luns ao martes, os axentes do Grupo Operativo Nocturno, durante os filtros establecidos para garantir a seguridade viaria dos usuarios da vía, sorprenderon a un condutor que circulaba pola Glorieta Xaquín Lorenzo cunha taxa de alcol de 0.50 e 0.46 mg/L. O condutor foi denunciado administrativamente e o vehículo inmobilizado no lugar ata que, horas despois, foi sometido a unha nova proba, na que se obtivo resultado negativo.

Tamén foi denunciado outro condutor cuxo vehículo non fora sometido á inspección técnica periódica no prazo regulamentario.

Noticias relacionadas