Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 07 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Sobre as 4:00 horas do día 5 de marzo efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo son comisionados pola Sala do 092 para que acudan á Praza do Campo xa que axentes da Garda Civil, francos de servizo, tiñan retido a un home que agredira a unha muller.

Ao chegar ao lugar os policías comproban que CINCO axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, libres de servizo, foron testemuñas de como un home agarraba polo pescozo a unha muller, empuxándoa e propinándolle varias labazadas, motivo polo cal se dirixen correndo cara ao lugar, separando á moza do agresor e impedindo que continúe golpeándoa, á vez que dan coñecemento á Policía Local de Lugo.

O grupo de cinco axentes da Garda Civil estaba composto por tres axentes masculinos e dúas axentes femininas que deron protección á vítima mentres os seus compañeiros facíanse cargo do agresor para impedir que continuase os malos tratos físicos, bastante alterado, desafiante e en actitude retadora, ata a chegada dos servizos policiais.

A muller manifestou, chorando e bastante alterada, que “só foi unha discusión de parella”, que era a primeira vez que lle pasaba e que leva dez anos de convivencia co home. Ante tal situación os axentes do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo proceden á detención desta persoa, de 41 anos de idade, e ao seu traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero, para a súa remisión á Autoridade Xudicial competente.

Pola súa banda a vítima rexeitou ser asistida polos servizos médicos, trasladándose a dependencias policiais para prestar declaración. A Policía Local de Lugo quere poñer de manifesto que a rápida e decidida intervención dos Axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, francos de servizo, impediu que o agresor puidese causar máis dano á súa parella.

Graffiti

Sobre as 1:30 horas do día 5 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Variante da N-VI, xa que ao parecer dúas persoas estaban a facer “pintadas” na pasarela que dá acceso ao estadio Anxo Carro. Os axentes comproban que se acababan de realizar tales pintadas, xa que a pintura estaba fresca e había un forte cheiro, sen que se achase ningunha persoa no lugar. Para tratar de identificar a estes individuos establécese un dispositivo de procura, sendo localizados na rúa Río Mandeo, coincidindo coa descrición dada polas testemuñas e ao decatarse da presenza policial foxen á carreira, un deles cara á rúa López Cuevillas, introducíndose nunha zona de leiras e vexetación da zona do Carmen, onde se dá á fuga, e o outro cara á Avenida de Marqués de Ombreiro, sendo interceptado polos axente nesta rúa, resultando ser un mozo de 21 anos de idade que porta unha mochila que contén CINCO aerosois de pintura e luvas de nitrilo.

Os policías, nunha inspección realizada pola zona, observaron que había pintadas recentes, realizadas por estes mozos, non só na pasarela da N-VI senón tamén nas escaleiras que unen a rúa Esquíocoa Avenida das Américas, nunha porta de garaxe desta rúa e na rúa Sabugo. O mozo unha vez identificado foi denunciado por unha infracción urbanística da Lei do Solo de Galicia, abríndose expediente sancionador para a súa remisión á Autoridade competente e procedendo á intervención dos spraysde pintura, quedando ao dispor do instrutor do expediente e á espera de que os propietarios dos lugares onde se observaron os graffiti presenten denuncia. (Adxúntanse fotos).

Accidentes de circulación con probas de alcoholemia

Ás 2:25 horas do día 6 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á rúaCampos Novosxa que o parecer produciuse un accidente de circulación. Os axentes comproban que un vehículo circulando choca contra outro que estaba estacionado, rexistrándose danos materiais. A condutora do vehículo presentaba signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. (Adxúntase foto).

Ás 17:20 horas do día 5 de marzo un equipo de Atestados trasládase á rúa dos Gardas xa que un turismo golpeara coa súa parte dianteira a traseira doutro vehículo. Os axentes observan que a condutora dun dos vehículos implicados presenta signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,50 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo nun filtro de seguridade viaria detéctase a condución irregular dun vehículo pola rúa Xosé Castiñeira, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,44 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Tamén se procedeu á localización dun vehículo sobre o que pesaba un mandamento de captura e depósito por EMBARGO, sendo PRECINTADO ao dispor da administración competente.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas