Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 5 ao 7 de xaneiro/24.

Luns, 08 de xaneiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por desobediencia e resistencia grave

Na madrugada do día 6 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a cálea Clérigos xa que hai unha persoa que se atopa tirada no chan, observando os axentes a unha muller sentada na porta dun local de lecer nocturno, con signos de embriaguez, manifestando os vixiantes do establecemento que esta persoa atopábase moi agresiva, molestando aos clientes e empregados do local, provocando altercados, polo que tiveron que pedirlle que abandonase o local.

A muller manifesta que perdera unha peza de vestir, polo que os axentes préstanse a buscar esta peza no interior do establecemento, ao que se nega.

Os axentes solicitan a presenza dunha ambulancia, requirindo a documentación desta persoa, polo que se pon moi agresiva, negándose a identificarse, ofrecendo grave resistencia a ser trasladada, polo que se procede á súa detención por un delito de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade, sendo trasladada a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Na tarde do día 6 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Rei Don García xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando os axentes que un turismo chocara coa súa parte dianteira contra a traseira doutro vehículo que estaba a realizar a manobra para internarse nun garaxe.

O condutor do primeiro vehículo presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,87 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Accidentes de circulación

Na tarde do día 5 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á avenida Benigno Rivera xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación, observando que un vehículo saíuse da vía, realizando un envorco de tonel, quedando apoiado sobre o seu lateral esquerdo, sendo identificado o seu condutor que manifesta que perdera o control do vehículo, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando resultado NEGATIVO. (foto)

Na tarde do mesmo día un equipo de Atestados desprázase á Avenida Infanta Elena xa que se produciu un atropelo no que a condutora dun vehículo, que circulaba polo carril esquerdo dunha das calzadas, ao chegar a un paso de peóns, observa como un furgón de gran tamaño que circula polo carril dereito detense, impedíndolle ver que estaba a cruzar unha muller, accionando o sistema de freado, pero non evitando entrar en contacto coa peón, procedendo os axentes ao auxilio desta que resultou ferida, ao parecer de pouca consideración, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado a un centro médico. A condutora do vehículo foi sometida ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado NEGATIVO.

Esa mesma tarde un equipo de Atestados desprázase á rúa Milagrosa na que se produciu un accidente de circulación entre unha motocicleta e un turismo, observando os axentes ao motorista tendido na calzada, que momentos antes circulaba por esta rúa e ao realizar un xiro cara a Camiño Real crúzase na súa traxectoria un turismo, golpeándoo e caendo ao chan. Practícanse probas de alcoholemia con resultado NEGATIVO.

Delito contra a seguridade viaria

Na madrugada do día 6 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo, que ao ser detido observa que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Axuda humanitaria

As patrullas da Policía Local realizaron dúas intervencións de auxilio:

A primeira para auxiliar a unha persoa na rúa Fermín Rivera, xa que se atopaba tirada na beirarrúa, con signos de embriaguez, requirindo a presenza dunha ambulancia xa que na súa caída produciuse unha ferida na cabeza, sendo asistido no devandito lugar por unha dotación sanitaria.

A segunda se levou a cabo na rúa Azalea xa que no interior dunha vivenda caeuse unha señora de avanzada idade e que o seu familiar non era capaz de levantala, observando os axentes que se achaba tirada no chan da cociña, polo que é auxiliada, requirindo a presenza dunha ambulancia, xa que se queixaba dunha forte dor na cadeira.

Noticias relacionadas