Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 09 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e alcoholemia

Sobre as 5,45 horas do día 8 de decembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo, co apoio de dotacións do Grupo Operativo Nocturno do Corpo, desprázase á Volta da Viña xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo saíuse da vía, chocando contra un sinal e un poste de madeira de teléfonos, caendo este sobre a vía, quedando suxeito polos cables.

Procédese ao corte da calzada e á identificación do condutor, que presentaba signos de acharse embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l., manifestando que sufrira un “ataque de tose”, perdendo o control do vehículo e saíndose da vía por unha das súas marxes.

Requiriuse a presenza do Servizo de Bombeiros e da compañía Telefónica quedando a zona asegurada, instruíndo as oportunas dilixencias o equipo de Atestados do Corpo. (foto)

Delitos contra a seguridade viaria

Durante o día de onte establecéronse diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectándose as seguintes incidencias:

Na mañá do día de onte estableceuse un dispositivo de control na rúa Tui, parando a varios vehículos, detectando un turismo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/l, polo que é presentado ante o equipo de Atestados do Corpo, onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Así mesmo foron sorprendidos varios vehículos cuxos titulares non pasaran a ITV no prazo debido, carencia de Seguro Obrigatorio (SOA) e procedeuse á retirada dun vehículo que se achaba de baixa, con matrícula romanesa, quedando precintado no Depósito Municipal.

Ás 23,30 horas dáse o “alto” a un patinete eléctrico que pasa a luz vermella dun semáforo na Rolda dá Muralla, observando os axentes que o seu condutor presenta signos de acharse embriagado, NEGÁNDOSE a someterse ás probas de detección alcohólica, motivo polo cal se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros.

Ás 4,45 horas detéctase a circulación irregular dun vehículo pola rúa Ciudad de Vigo, observando que o seu condutor presenta signos de acharse baixo a influencia das bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,71 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Ruídos en interior de vivendas

Ás 00,40 horas do día 8 de decembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Río Sil, xa que os veciños quéixanse dos ruídos molestos que proveñen dunha vivenda.

Os axentes comproban que na entreplanta está a levarse a cabo unha festa, escoitando desde o exterior música en ton alto e voces de persoas, incompatible co descanso nocturno.

Os policías identifican ao responsable o cal estaba reunido con varios amigos, non sendo consciente que estaban a ocasionar molestias, procedendo á identificación dos asistentes, que estaban a consumir bebidas alcohólicas, estando o ambiente moi cargado de fume de tabaco, comprobando que un deles era menor de idade polo que se localiza aos seus pais, trasladándose inmediatamente a ese lugar, facéndose cargo da menor.

Así mesmo, os axentes ordenan o cesamento da festa, o que fan de inmediato, levantando acta de denuncia por estes feitos.

Ás 1,15 horas desa mesma noite outra patrulla acode a un edificio da rúa dos Gardas xa que os veciños denunciaban fortes ruídos provenientes dunha vivenda.

Os axentes, xa desde o exterior do edificio, escoitan música en ton moi elevado, identificando ao responsable, sendo requirido para que cese de inmediato as molestias, o que fai ao instante, apagando o equipo de reprodución musical e poñendo fin á festa que se estaba levando a cabo, levantando acta de denuncia por estes feitos.

Ás 2,45 horas outra patrulla acode a un edificio de Camiño Real xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda, comprobando os axentes que se escoita música en ton moi alto e actividade humana, procedendo á identificación da responsable, sendo requirida para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantando acta de denuncia por estes feitos.

Noticias relacionadas