Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 10 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con altas taxas de alcol

Sobre as 4:10 horas do día 10 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa do Xenebro xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación.

Os axentes comproban que un vehículo chocara contra o mastro dun semáforo de peóns situado na intersección desta vía coa Avenida da Coruña, derrubándoo, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,06 mg/l (máis de catro veces a taxa máxima permitida), levantándose acta de atestado e instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (foto)

Filtros de seguridade viaria

Nos distintos controis realizados por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectouse a condución irregular dun vehículo pola rúa Mar Cantábrico cuxo condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias e lanzando un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l.

Na rúa dos Gardas detectouse a circulación irregular doutro vehículo cuxo condutor lanzou un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido.

En ambos os casos os vehículos foron inmobilizados e abriuse expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Inspección establecementos públicos

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron varias inspeccións en diferentes locais da zona de Mariña Española e zona norte da cidade, levantándose acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas ao detectar un local de lecer nocturno na rúa Mariña Española que excedía, no exercicio da súa actividade, o límite horario establecido (estaba aberto ao público ás 4:45 horas con persoas no interior consumindo bebidas co equipo de reprodución de música en funcionamento).

Así mesmo levantouse acta por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas ao detectar un local situado na rúa Xosé Fernández Núñez quebrantando o horario de peche, observando os axentes como había clientes no seu interior consumindo e pecharan a porta de entrada.

Ruídos en interior de vivenda

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno desprázase sobre as 2:45 horas do día 9 de marzo a un edificio da zona sur da cidade xa que os veciños quéixanse dos ruídos que proveñen dunha vivenda, manifestando que unha boa parte desas molestias son producidas cando se realiza o acto sexual. Os axentes entrevístanse con ambas as partes e os presuntos causantes dos ruídos manifestan que é todo ao contrario que son uns veciños os que fan ruído e mesmo lles ten avisado golpeando o teito cun pau, aínda que non queren realizar denuncia algunha.

Noticias relacionadas