Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 10 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Condutor multirreincidente en delitos contra a seguridade viaria

Na mañá do día 8 de abril un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo dá o alto a un vehículo que realizaba unha condución irregular pola rúa Alta, procedendo á identificación do seu condutor, comprobando que CARECE de permiso de condución por perda de vixencia, comprobando nas bases de datos policiais que desde o mes de decembro do ano 2023 ata a data, devandito condutor fora investigado en seis ocasiones por delitos contra a seguridade viaria, por membros da Policía Local de Lugo, instruíndose novamente delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedendo á retirada do vehículo polo servizo de guindastre, quedando inmobilizado no Depósito Municipal. Este condutor multirreincidente, de 42 anos de idade e veciño desta cidade, foi denunciado tamén por infracción á Lei de Seguridade Cidadá.

Auxilio a cidadán

Na tarde de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Avenida Carballo Calero, xa que no interior dun autobús urbano hai unha persoa desorientada. Os axentes son informados polo condutor do autobús que esta persoa realizara dúas viaxes completas sen baixarse en ningunha parada e ao preguntarlle cara a onde se dirixía contestou que a Ramil, avisando o condutor que esta liña non fai ese percorrido.

A patrulla ponse ao fala con esta persoa que manifesta que quere baixarse na parada á beira da súa casa, explicándolle que debeu coller por erro unha liña que non realiza tal parada, polo que ao observar que se acha desorientado é trasladado á Xefatura da Policía Local, realizando investigacións para localizar a un familiar que se presenta nestas dependencias, facéndose cargo desta persoa.

Noticias relacionadas