Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 10 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por delito de roubo con violencia

Na tarde de onte, varias patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, acoden a un supermercado da rúa Monterio Ríos xa que ao parecer unha parella subtraera mercadoría. Os axentes comparecen de inmediato e son informados polo persoal do establecemento que sorprenderon a unha parella roubando produtos cárnicos e mentres a estaban retendo, esperando a chegada dos policías, agrediron a unha traballadora do local, dándolle varias puñadas para tentar fuxir e ameazándoa, golpeando un dos arcos de seguridade do supermercado, causando a súa rotura. Os axentes localizan e interceptan a esta parella, un home de 37 anos e unha muller de 36 anos, veciños desta cidade, procedendo á súa detención por un presunto delito de roubo con violencia, sendo trasladados a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda, acudindo a empregada agredida a un centro médico para ser asistida das súas lesións.

Inspección de locais de hostalería

Durante a madrugada, por parte de efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizáronse dúas inspeccións en senllos establecementos de hostalería da cidade. O primeiro na rúa Pintor Villamil onde se levantou acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos de Galicia por exceder, no exercicio da súa actividade, o límite horario establecido e o segundo na rúa Amor Meilán  por infracción á Ordenanza de Contaminación Acústica do Concello por permitir o seu responsable sacar vasos ao exterior do local.

Atropelo

Sobre as 11,40 horas do día de onte un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Escultor Asorei, intersección coa rúa Río Lor, xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo atropelara a unha peón, a cal foi evacuada nunha ambulancia do 061 a un centro médico da cidade, non revestindo gravidade as súas lesións, instruíndose o oportuno atestado. A condutora do vehículo circulaba pola rúa Río Lor e ao realizar o xiro facía cale Escultor Asorei, uns metros despois do paso de peóns, non se decatou da presenza na calzada dun peón que a cruzaba, golpeándoa coa parte frontal do vehículo. Realizáronse probas de detección alcohólica á condutora, lanzando resultado NEGATIVO.

Venda ambulante non autorizada

Na mañá do martes 8 levantáronse 5 actas por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá ao sorprender a outras tantas persoas, realizando venda ambulante non autorizada, ocupando o espazo público, propoñéndose sancións de 600 euros para cada un deles.

Aparcacoches non autorizados

Na mañá de onte foron  sorprendidos catro homes exercendo a actividade ilegal de aparcacoches na contorna do HULA, sendo denunciados por infracción á normativa de Seguridade viaria por ocupar a calzada para ofrecer estacionamentos aos condutores, co consecuente risco para a seguridade viaria.

Noticias relacionadas