Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 10 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Incendio tractor agrícola

Na tarde do día 9 de outubro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo sede despraza ao Paseo do Intre xa que se está producindo un incendio nun tractor con remolque. Os axentes pescudan que cando circulaba o vehículo pola estrada LU-530, dirección Lugo, e inicia o xiro cara ao Paseo do Intre, a roda traseira esquerda do remolque comeza a incendiarse, desencaixándose do eixo, sendo posteriormente sufocado coa axuda dun condutor e a intervención dunha dotación de Bombeiros.

Os axentes ao realizar a revisión da documentación dos vehículos (tractor e remolque) detectan que non coinciden as matrículas coas que consta na documentación, pois nesta aparece outra placa de matrícula e as que leva postas pertencen a outros vehículos. Así mesmo observan que tres rodas do remolque e unha do tractor non se atopan nas condicións mínimas de utilización, xa que carecen de debuxo e presentan cortes nos flancos, así como un cable de ferro sobresaíndo dunha delas, polo que debido a todas estas deficiencias graves ábrense diversos expedientes sancionadores, procedendo á inmobilización do vehículo ata que se emenden as deficiencias observadas. (fotos)

Altercado en establecemento público     

A madrugada do día 10 de outubro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un local situado na praza da Constitución xa que ao parecer unha persoa achábase agresiva e moi alterada.

Os axentes identifican a esta persoa, unha muller de 20 anos, que presentaba signos de acharse baixo os efectos de substancias psicotrópicas, manifestando que consumira marihuana e cocaína, sendo auxiliada e requirindo a presenza dunha ambulancia na que foi trasladada ao HULA, sendo acompañada por unha patrulla no interior da ambulancia para garantir a seguridade do traslado. Esta persoa causara danos na manilla da porta do local, polo que se confecciona parte de intervención á espera da presentación da correspondente denuncia.

Inspección en local de lecer nocturno

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron acta de denuncia, por infracción á normativa de Espectáculos públicos de Galicia, ao detectar como un local de lecer nocturno do recinto histórico estaba aberto ao público, con música e persoas no interior do local, excedendo o límite horario establecido.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas