Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 10 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do 10 de novembro/22, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria, co emprego de vehículos camuflados, detectando nun control estático establecido en Camiño Real, as seguintes incidencias:

  • Condutor que é detido, presentando signos de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,68 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Condutor que se comproba a través das bases de datos policiais que conduce un turismo CARECENDO de permiso de condución por sentenza xudicial, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Este condutor de 37 anos ten un historial de incidencias relacionadas coa perda do permiso de condución por condena penal.
  • Dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

En todos os casos procedeuse á inmobilización dos vehículos.

A Policía Local de Lugo lembra que a condución de vehículos de motor ou ciclomotores con taxas de alcol superiores a 0,60 mg/l pode levar consigo unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, e, en todo caso, coa privación do dereito para conducir por tempo superior a un e ata catro anos.

Noticias relacionadas