Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 12 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Inspección establecementos públicos

Na madrugada do día 12 de abril, axentes do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa de espectáculos públicos, detectándose que TRES locais de lecer nocturno do centro histórico exercían a actividade coas portas abertas, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior, polo que se levanta acta de denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Presunta manipulación de rede eléctrica

Na mañá de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola sala do 092 para que se traslade á rúa Escocia, xa que ao parecer os residentes dun inmoble estaban a manipular cables da rede eléctrica situados na rúa.

 Os axentes comproban que a liña de abastecemento de enerxía á vivenda fora manipulada, posto que o cable que une a caixa de acometida co contador fora cortado, unindo directamente a mencionada caixa co cadro onde se sitúan os térmicos de seguridade, evitando o paso da enerxía polo contador, motivo polo cal se procede á identificación de dúas dos residentes da casa, iniciándose o correspondente atestado para a súa posterior remisión á Autoridade Xudicial. (foto)

Auxilio a cidadán

A noite do día 11 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha rúa da zona sur da cidade, xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio e non podía poñerse en pé para abrir a porta.

Os axentes requiren a presenza dunha dotación de Bombeiros, accedendo ao interior por unha das xanelas, sendo asistida esta persoa por unha dotación do 061, trasladándoa ao HULA para a súa atención médica, informando á familia.

Noticias relacionadas