Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servicios destacados durante el fin de semana del 9 al 11 de diciembre.

Luns, 12 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria (alta taxa de alcohol e condución temeraria)

Sobre as 20:00 horas do día 10 un cidadán comunica á Sala do 092 que un vehículo circulaba en sentido contrario pola Avenida Infanta Elena dirección centro da cidade, seguindo pola rúa Paradai e utilizando a glorieta onde conflúe esta coa rúa Monforte, tamén en sentido contrario, dispoñendo de gravación desta condución, manifestando que dito vehículo tratou de empotrarse varias veces contra o seu turismo e outros vehículos, temendo pola súa vida e pola da súa filla.

Inmediatamente alértase ás patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo e unha delas, aos poucos instantes, localiza o vehículo incorporándose á Rolda da Muralla procedente da rúa Luis Cordeiro, sendo interceptado na rúa Monforte, tratando de acceder a un parking alí ubicado.

Os axentes observan que o condutor presenta signos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 1,32 e 1,24 mg/l (unha de las taxas máis altas rexistradas este ano en centro urbano), instruíndose dilixencias polos delitos de condución dun vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas e altas taxas de alcohol e condución temeraria, na modalidade de Xuízo Rápido.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 22:00 horas do día 9 un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo se despraza á Rolda das Fontiñas, xa que se tiña producido un accidente de circulación onde un turismo colisionara con outro por alcance, sometendo aos condutores ás probas de detección alcohólica, xa que un deles presentaba signos evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, arroxando o presunto responsable do accidente un resultado POSITIVO de 0,83 mg/l (máis do triplo da taxa máxima permitida), establecéndose que a causa do accidente foi que cando un turismo circulaba por dita vía aproximouse por detrás del a gran velocidade, o vehículo conducido polo condutor que arroxou un resultado positivo nas probas de alcoholemia, impactando violentamente contra a parte posterior do seu vehículo, rexistrándose danos materiais.

Por tal motivo o condutor foi trasladado a dependencias da Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria. (Adxúntase imaxe).

Controles de seguridade viaria

Ás 1:30 horas do día 10, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, estableceron un dispositivo estático de control na Glorieta Xaquín Lorenzo, realizándose probas de alcoholemia a diversos condutores, detectándose as siguientes incidencias:

  • Dáselle o “alto” a unha furgoneta que ao chequear a documentación do condutor, a través das bases de datos policiais, se comproba que CARECE de permiso en vigor por pérdida de vixencia, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuizo Rápido, procedéndose á inmobilización do vehículo. Este condutor se enfronta a unha pena de prisión de tres a seis meses.
  • Dáselle o “alto” a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse embriagado xa que despedía un forte cheiro a alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Nun dispositivo estático establecido na Rúa San Roque, na madrugada do sábado ao domingo, detectáronse as seguintes incidencias:
  • Ás 2:55 horas dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Ás 3:00 horas detéctase un vehículo cuxo condutor presenta inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Ás 3:40 horas dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, é sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • As 4:00 horas dáse o alto a un vehículo e o seu condutor lanza un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia, de 0,33 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Ás 5:00 horas dáse o alto a un vehículo e o seu condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Dáse o alto ao condutor dun vehículo que presenta signos de embriaguez e que ao ser requirido para efectuar as probas de detección alcohólica, NÉGASE, motivo polo cal se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Na rúa Armórica ás 5:20 horas é detectada a circulación irregular dun vehículo comprobando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Furto de tapas de rexistro

Sobre as 16:40 horas do día 9 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Santo Graal, xa que ao parecer dous mozos furtaran unha tapa de fundición do rexistro de gasoil dun edificio. Os axentes póñense á fala co requirente o cal lles manifesta que dous mozos, que empuxaban un carro da compra, acababan de subtraer a tapa de rexistro que dá acceso á toma de gasoil e que tras chamarlles a atención encaráronse con el ameazándoo cunha barra de ferro.

Os policías inician unha procura detectando na mesma rúa a dous homes cun carro de compra, sendo identificados, manifestando que se atopaban recollendo chatarra dos contedores para vendela posteriormente, observando que ocultaban unha tapa de fundición circular e unha tapa de recollida de augas pluviais, constatando que foran subtraídas das rúas Madreselva e Santo Graal, sendo intervidas, levantando a correspondente acta de intervención para a súa remisión ao Xulgado de Garda por un presunto delito de furto.

Noticias relacionadas