Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 10 ao 12 de xuño.

Luns, 13 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia

Durante a fin de semana efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio e do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos da Unidade de Atestados do Corpo, estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co seguinte RESULTADO:

  • 9 alcoholemias POSITIVAS (administrativas) de entre 0,37 e 0,60 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución para os valores de ata 0,50 mg/le de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución para valores entre 0,50 e 0,60 mg/l.
  • 5 alcoholemias POSITIVAS (penais) superiores a 0,60 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Delitos de atentado a axentes da autoridade

Na Rolda da Muralla procedeuse á detención de dous homes por senllos delitos de atentado a axentes da autoridade, resistencia grave e desobediencia, sendo conducidos a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Axuda humanitaria

Durante a fin de semana realizáronse os seguintes servizos de auxilio á cidadanía:

  • Rúa Lavandeira. Acode unha patrulla xa que unha muller está tirada na súa vivenda desde fai aproximadamente dúas ou tres días e non consegue levantarse. Os axentes atopan a unha muller de 86 anos, consciente, con moita dor nas pernas por mor da enfermidade que padece, manifestando que só quere deitarse en cama, sendo auxiliada polos axentes que con máximo coidado déitana, quedando ao cargo dos seus familiares que foron requiridos polos axentes.
  • Adarve da Muralla. Unha patrulla interveu para calmar a unha moza de 19 anos, afectada por unha crise nerviosa, sendo auxiliada inmediatamente polos axentes, tranquilizándoa e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladada ao HULA para a súa atención médica. Nesa mesma localización, unha patrulla atopa a unha persoa deambulando polo adarve en estado de embriaguez, co consecuente perigo de caída, sendo auxiliado polos axentes e ao rexeitar asistencia médica foi trasladado polos propios policías ao seu domicilio.
  • Rúa das Tres Marías. Unha patrulla acode a un edificio xa que segundo Cruz Vermella activouse o botón de emerxencia dunha persoa e non contestaba ao teléfono. Os axentes requiren a presenza dun dotación de Bombeiros, accedendo ao interior da vivenda e tras unha minuciosa procura non había ninguén no interior, sendo informados posteriormente por unha familiar que a activación da alerta fora un erro xa que esta persoa achábase ingresada no HULA.
  • Costas do Parque. Unha patrulla atopa a un mozo de 23 anos tirado nas Costas do Parque, observando que presenta signos de embriaguez, sendo auxiliado polos axentes, requirindo a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

Noticias relacionadas