Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 13 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Recuperación de vehículo subtraído

Na mañá do día 12 de decembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo localiza, nun escampado do Camiño das Regas, un vehículo con danos materiais na súa parte frontal, producidos polo choque contra un tanque de tormentas, tendo a chave de contacto posta e un impacto interno no parabrisas que revela que estaba ocupado por dúas persoas. Consultadas as bases de datos policiais compróbase que o vehículo estaba denunciado por subtracción desde o 11 de decembro, sendo retirado polo guindastre ao Depósito Municipal, instruíndose dilixencias e quedando ao dispor de Policía Xudicial. (Adxúntase imaxe)

Identificación de dous menores por danos

A sala do 092 comisiona a unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo para que se desprace ao Parque dos Paxariños xa que, ao parecer, dous mozos causaran danos nun valo do parque. Os axentes localizan a dous mozos que responden á descrición dada polas testemuñas, sendo identificados, resultando ser menores de idade e recoñecendo dar varias patadas ao valo, provocando os danos. Os policías localizan aos seus pais informándolles de todo o sucedido, levantándose acta de intervención para a súa remisión ao órgano competente. (Adxúntase imaxe)

Auxilio á cidadanía

Sobre as 5:15 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa San Roque xa que unha persoa de avanzada idade caera no interior do seu domicilio e a persoa que a acompañaba non era capaz de incorporala. Os axentes auxilian a unha señora que se caera no dormitorio, incorporándoa e volvendo deitala na súa cama, rexeitando asistencia médica xa que non sufrira lesión algunha.

Inspección de local de lecer nocturno

Ás 5:25 horas do día 12 de decembro unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realiza inspección nun establecemento da rúa Galicia, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia xa que o local achábase aberto, con clientes no interior, con música audible desde a rúa, co enreixado pechado co consecuente risco en caso de emerxencia e excedendo, no exercicio da súa actividade, do límite horario establecido. Ademais realizouse medición de ruído con sonómetro, lanzando resultado POSITIVO.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas