Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 14 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 13:35 horas do día 13 de febreiro, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Alcalde Ramiro Rueda xa que se producira un accidente de circulación, observando os axentes que un camión dando marcha atrás chocara contra un vehículo estacionado, rexistrándose danos materiais. Ao identificar o condutor do camión compróbase que CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA, polo que se instrúen dilixencias, como investigado, por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Así mesmo procédese á identificación do propietario do camión contra o que tamén se instrúen dilixencias, como investigado, ao ser cooperador necesario na comisión do delito. (Adxúntase imaxe)

Caída da rama dunha árbore

Na madrugada do día 14 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intervén na Avenida de Ramón Ferreiro, confluencia coa rúa Celso Emilio Ferreiro, como consecuencia da caída da rama dunha árbore, que non causou dano algún, sendo retirada por unha dotación do Servizo de Bombeiros. (Adxúntase Imaxe)

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas