Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 15 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Con motivo da ponte de Entroido, incrementáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, nos que participaron efectivos da Policía Local de Lugo, tanto unidades diúrnas como nocturnas, co apoio de equipos especializados da Unidade de Atestados  do Corpo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Avenida A Coruña. Detéctase un condutor que conduce un vehículo CARECENDO DE PERMISO DE CONDUCIR, por non obtelo NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Montero Ríos. Dáse o alto a un vehículo e compróbase que o seu condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na mesma vía dáse o alto a outro vehículo e compróbase que o condutor CARECE tamén DE PERMISO DE CONDUCIÓN, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na rúa Villalba detéctase un vehículo cuxo condutor CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  •  En rolda das Fontiñas intercéptase un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Na rúa Rof Codina practícanse as probas de alcoholemia a un condutor, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

En todos estes casos inmobilizáronse os vehículos.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • En Serra de Meira practícanse probas de alcoholemia a un condutor, lanzando un resultado POSITIVO de 0,29 mg/l.
  • En Irmáns Vilar Ponte, dáse o alto a un condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,32 mg/l.
  • En Marina Española sométese un condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l.
  • En Valle Inclán un condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,37 mg/l.

Estes condutores foron sancionados con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS

  • En Serra de Meira, detéctase un condutor con signos de inxerir substancias estupefacientes, lanzando un resultado POSITIVO en THC e OPIÁCEOS.
  •  En rúa Villalba practícase un test de drogas a un condutor, lanzando un resultado POSITIVO en THC.
  • En Valle Inclán un condutor lanza un resultado POSITIVO en THC e ANFETAMINAS.

Estes condutores foron sancionados con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Detención por delito de violencia de xénero

A noite do día 12, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da Avenida da Coruña, xa que ao parecer había unha forte discusión entre unha parella.

Os axentes entrevístanse coa muller que manifesta que a súa parella actual, coa que convive, ameazouna de morte, xa que lle dixo que a ía a matar e que ten moito medo, accedendo os axentes ao interior da vivenda, atopando ao home que manifesta que tiveran unha discusión, pero que nunca a ameazou nin agrediu, procedendo os axentes á detención desta persoa, por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladada a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado competente.

Menor realizando pintadas nunha fachada

A tarde do día 13 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á rúa das Fontes xa que os veciños sorprenderon a un mozo facendo unhas pintadas na fachada dun inmoble.

Os axentes proceden á identificación do mozo, resultando que é menor de idade, sendo avisado seu pai que se fai cargo del, confeccionando os axentes o correspondente atestado. (foto)

Noticias relacionadas