Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 15 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos de furto

Na tarde do día 14 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á rúa Montevideo, xa que ao parecer unhas persoas subtraeran unha caixa de ferramentas dun vehículo. Os policías entrevístanse co requirentee testemuñas, que manifestan que momentos antes dous homes subtraeran unha caixa de ferramentas dun furgón de caixa aberta, sacándolles unha fotografía co móbil, na que se pode ver as características físicas de ambos e a roupa que levaban.

Ante tal situación os axentes dan unha batida pola zona, localizando na praza do Ferrol a estas dúas persoas que responden á descrición dada, achando escondida nuns arbustos a caixa de ferramentas que subtraeran, procedendo á súa identificación e instruíndose dilixencias por presunto delito de furto par a súa remisión á Autoridade Xudicial.

Na tarde do día 13 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un supermercado da Avenida da Coruña xa que ao parecer unha muller abandonara o establecemento levándose varios produtos escondidos no bolso. Os axentes de inmediato localizan a esta muller e tras un rexistro das súas pertenzas, achan no bolso dúas botellas de bebida de dous litros de capacidade cada unha delas, manifestando que as subtraera no supermercado, procedendo á súa identificación e a intervención das botellas, instruíndose dilixencias por un presunto delito de furto para a súa remisión á Autoridade Xudicial.

Noticias relacionadas