Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 17 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Can solto en vía pública

Ás 18 horas do mércores, a Sala do 092 recibe chamada informando dun can solto polo Paseo do Miño, na zona dos merendeiros, polo que se comisiona no lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio. Os axentes contactan co requirente e comproban que o animal se trata dun pastor alemán, aparentemente en bo estado e co preceptivo microchip identificativo, sen que haxa ninguén nas inmediacións que se faga cargo do mesmo, polo que se dá aviso ao Servizo de Lacería.  A través dos datos obtidos do número de identificación, contáctase co propietario do can, que envía a unha persoa para recollelo, a cal manifesta que, probablemente, rompeuse o peche do lugar no que o can se atopa normalmente.

Follas de reclamacións en local de hostalería

Ás 19.30 horas do mesmo día, unha patrulla de Policía de Barrio acudiu a un establecemento de hostalería da Praza Maior, xa que dúas persoas manifestaban que lles negaban o acceso ao os baños do local por non ser clientes do mesmo. Os axentes contactaron cos requirentes do servizo, que corroboraron o exposto anteriormente; explicando o encargado do local que fora insultado polos dous homes, a pesar de ofrecerlles as follas de reclamacións. Finalmente, ambas as partes cumprimentaron a folla de reclamacións correspondente, que será tramitada polo servizo competente na materia.

Auxilio a cidadán

Ás 00.35 horas do xoves, varios indicativos do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade de Atestados trasladáronse a un domicilio da rúa Campos Novos, onde o 061 require colaboración policial debido a unha persoa agresiva. Unha vez no lugar, en colaboración con indicativos de Policía Nacional, compróbase que se trata dun enfermo que non tomou debidamente a medicación e que, ante a chegada dos servizos sanitarios, púxose agresivo, negándose a ser atendido. O home afectado foi trasladado ao HULA nunha ambulancia do 061 con acompañamento de Policía Nacional.

Noticias relacionadas